Actividade enmarcada programa de divulgación científica: PARA SABER +
Personas adultas, Juvenil
30/05/2022
Ya ha finalizado
Acceso libre até completar capacidade.
De 19.00 h. a 20.30 h.
bforum@coruna.gal
Tel.: 981 184 298
Este ciclo de charlas de divulgación científica, coordinado pola profesora Ana González Tizón e a Biblioteca Fórum Metropolitano, xurde da colaboración da Asociación de veciños de Oza, A Gaiteira e Os Castros e o Grupo de divulgación científica e innovación docente da Universidade da Coruña, UDCiencia i+d.
Este grupo vén desenvolvendo unha intensa actividade no campo da divulgación científica, a innovación docente e a aprendizaxe-servizo.
O programa nace con vocación de permanencia. Será o último luns de cada mes ás 19 h. na Biblioteca Fórum, con acceso libre até completar capacidade.
O luns 30 de maio temos a terceira charla do programa:
Enfermidades ambientais
Con Ana M. González Tizón e Icía Lista Pombo
A nosa actividade diaria está sometida a ruídos, aire contaminado, emisións de gases, po. Que comes? Que bebes? Que respiras? Que escoitas? A túa vida diaria repercute na túa saúde? A resposta é si e imos saber como e por que.
Profesora de Xenética e trekki total. Entre clases, investigación, cinema, e outros variados mesteres fago oco para divulgar e liar aos estudantes novos a que tamén o fagan.
Ola! Son bióloga molecular e futura (espero) Policía Científica (cruzamos dedos). A rama que máis me gusta da Bioloxía é a Xenética, pero no que a divulgación se refire non podería ser tan concreta, e apúntome a un bombardeo. Podes escoitarme falar sobre bacterias e antibióticos, sobre microplásticos, plantas carnívoras...O mesmo che fago un xabón en 3 minutos que che ensino vexetais que se moven!
También te puede interesar
16/05/2024
27/05/2024
Acceso libre hasta completar capacidad
30/05/2024
Desde el 23/05/2024 hasta el 30/05/2024
Los días 18/03/2024 a las 18:30 , 16/04/2024 a las 18:30 , 07/05/2024 a las 18:30 , 04/06/2024 a las 18:30
un encontro ao mes
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible