Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Cinco vidas, unha historia

Cinco vidas, unha historia

Cinco vidas, unha historia ofrece unha aproximación á metalurxia e aos depósitos metálicos da Idade de Bronce Final na fachada atlántica europea partindo dun conxunto de artefactos da colección arqueolóxica da Universidade de Compostela.

A exposición mostra que estes artefactos de bronce non só nos abren unha xanela á Prehistoria senón que tamén posúen unha historia recente que resulta igual ou máis interesante.

Tras a súa elaboración e o seu uso fai uns 3.000 anos estes obxectos foron enterrados formando acumulacións de metal, un fenómeno cuxo significado aínda supón unha incógnita.

Estes obxectos recuperados a finais do século XIX foron a parar a mans de coleccionistas eruditos que finalmente lle doaron as súas coleccións á universidade onde seguen sendo estudadas. Tanto é así que as investigacións lideradas desde o Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC permitiron reconstruír esta apaixonante e longa historia.

Anímaste a descubrila?

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión