Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Cinema na Escola 2025-26: gala de entrega de premios (Educación Primaria)

A gala de entrega de premios para a categoría de Educación Primaria celebrarase o martes 19 de maio, a partir das 17:00 horas, no Centro Sociocultural Ágora.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

19/05/2026

Horario:

A partir das 17:00 horas.

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

A cuarta edición do programa municipal Cinema na Escola celebra a súa gala final, para a categoría de Educación Primaria, o martes 19 de maio, a partir das 17:00 horas, no Centro Sociocultural Ágora.

Na gala, que contará coa presenza do Concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, serán proxectados fragmentos dos curtos finalistas, desvelados os grupos gañadores e, finalmente, entregados os premios correspondentes (mellor curtametraxe, interpretación, guion, fotografía, efectos visuais, edición e montaxe, e edición de audio).

Como en edicións anteriores do programa, o público poderá votar ao que considera a mellor curtametraxe de cada unha das categorías (Primaria e ESO). Para iso, xa se poden visualizar os 18 curtos presentados nesta edición (9 de Educación primaria e 9 de ESO) na canle de YouTube de Educación do Concello da Coruña.

Para determinar os curtos gañadores do premio do público na categoría de Educación Primaria, teranse en conta as estatísticas de reproducións, likes e retencións entre o xoves 14 de maio ás 12:00 horas e o martes 19 de maio ás 12:00 horas.

Grupos participantes na categoría de Educación Primaria

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión