19 de mayo de 2026
Hoxe celebrouse no Ágora a cerimonia de entrega de premios para os participantes de 5º e 6º de primaria, e mañá terá lugar a dos centros de secundaria
Hoxe tivo lugar no Ágora a entrega de premios para os colexios de primaria (5.º e 6.º curso) gañedores do certame Cinema na Escola, un innovador concurso audiovisual organizado polo Concello que tivo unha gran participación do alumnado dos centros da cidade, con máis de 800 estudantes e 22 docentes de 17 centros educativos implicados. A obra "Zona 0", do CPR Cid, foi a agraciada na categoría de Mellor Curtametraxe. Mañá pola tarde, tamén no Ágora, realizarase o acto de entrega para o alumnado de secundaria.
Cinema na Escola é un programa municipal -impulsado por primeira vez polo Goberno de Inés Rey no curso 2021-2022- que busca inculcar e educar a xuventude na expresión audiovisual a través da produción de curtametraxes propias. Os grupos participantes tiveron que desenvolver todas as fases do proceso, desde a actuación á escritura, a dirección, a produción ou a montaxe. Así, centos de alumnos e alumnas achéganse por primeira vez ás técnicas propias desta disciplina artística.
"Cinema na Escola é un proxecto educativo do que o Goberno municipal se sente moi orgulloso. Non só porque é unha forma diferente de aprender técnica e arte, senón porque é unha forma extraordinaria de que o alumnado lles perda o medo á expresión libre e á comunicación, dándolles ferramentas que lles serán moi útiles na súa vida", subliñou o concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, quen estivo presente na gala en representación do Concello.
Mañá, mércores 20 de maio, realizarase a segunda gala, para premiar os centros de secundaria. Na de hoxe, participaron os seguintes colexios de primaria:
CEIP Alborada coa curta "Toc, toc"
CEIP Alborada coa curta "Adeus"
CEIP Curros Enríquez coa curta "A pizarra"
CEIP Curros Enríquez coa curta "Rachando o telón"
CEIP José Cornide coa curta "O pozo dos desexos"
CEIP Ramón de la Sagra coa curta "O chichón do pasado"
CEIP Sagrada Familia coa curta "O aprendiz"
CEIP Zalaeta coa curta "Canto medraches"
Todas as obras foron rodadas en galego e co teléfono móbil como instrumento de gravación. Ademais, impartíronselles talleres formativos de iniciación á creación audiovisual e asesoramento presencial nas tarefas de filmación e montaxe, co obxecto de darlle ferramentas ao alumnado para poder elaborar os curtametraxes.
Os galardóns foron deliberados por un xurado de persoas expertas composto polo actor de escena e dobraxe Santiago Fernández; a directora de casting Isa Escrigas; a doutora en fotografía por Belas Artes Ledi Bellón; o realizador e montador gañador dun Goya Fran X. Rodríguez e a técnica de Educación do Concello Ana Judel Prieto.
O palmarés completo foi:
Mellor Curtametraxe: "Zona 0" (CPR Cid)
Mellor Guión: "Zona 0" (CPR Cid)
Mellor Fotografía: "Zona 0" (CPR Cid)
Mellores Efectos Visuais: "O aprendiz" (CEIP Sagrada Familia)
Mellor Edición e Montaxe: "Adeus" (CEIP Alborada)
Mellor Edición de Audio: "O pozo dos desexos" (CEIP José Cornide)
Mellor Interpretación: "Zona 0" (CPR Cid)
Mención Valores: "Rachando o telón" (CEIP Curros Enríquez)
Mención Comedia: "O chichón do pasado" (CEIP Ramón de la Sagra)
Mención Esforzo: "A pizarra" (CEIP Curros Enríquez)
Premio do Público: "Adeus" (CEIP Alborada)

18 de mayo de 2026

15 de mayo de 2026

12 de mayo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible