Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Cleo de 5 a 7 de Agnès Varda

"Unha moza cantante pasea polos bulevares de París e encóntrase cunha serie de personaxes. A moza está atemorizada tras unha visita ao médico, xa que pode ter unha enfermidade mortal".

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

05/08/2020

Xa rematou

Horario:

22.30 h

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00€ (carné xoven, + 65 anos e persoas desempregadas: 2,00 €)

Para acceder aos descontos, é obrigatorio presentar o documento que o acredite no momento de adquirir a entrada no despacho de billetes ou cando entre ao recinto, se a comprou en liña.

Paseo pola vida e a morte na ópera prima da gran Agnès Varda, que lle regala ao movemento da nouvelle vague unha película fresca e luminosa de aire documental e que contén varios dos travellings máis fermosos do cinema francés.

  • Título orixinal: Clèo de 5 à 7
  • Ano: 1962
  • Duración: 90 min
  • País: Francia
  • Director: Agnès Varda
  • Guión: Agnès Varda
  • Música: Michel Legrand
  • Fotografía: Jean Rabier
  • Elenco: Corinne Marchand, Antoine Boursellier, Dorothée Blanck e Michel Legrand

Convidada: LUCÍA ALDAO (poeta)

Lucía Aldao iníciase na poesía durante a adolescencia. En 2005, xúntase coa tamén poeta María Lado e forman aldaolado, irreverente dúo que mestura a poesía co humor e a música. O seu primeiro libro individual, Todo isto antes era noite (Apiario), publicouse en decembro de 2018.

VENDA DE ENTRADAS

Venda anticipada: desde as 9.00 h do luns da mesma semana da proxección, PREME AQUÍ PARA COMPRAR A túa ENTRADA 

Despacho de billetes Fórum Metropolitano: aberto só se quedaren localidades dispoñibles, desde media hora antes da proxección.

NORMAS DE ACCESO

O acceso ao recinto realizarase pola porta posterior do Fórum Metropolitano, na rúa Pose.

As butacas estarán situadas a 1,5 m de distancia. Capacidade limitada a 48 butacas.

Serán de cumprimento OBRIGADO:

• Usar máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).

• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e saída do recinto.

• Sentar na butaca que lles asigne o persoal de sala do recinto. Non está permitido cambiar de asento, salvo que o persoal de sala o autorice por motivos de agrupamento familiar.

• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída, para evitar aglomeracións.

• Respectar a sinalización.

• Seguir en todo momento as indicacións do persoal de sala.

RECOMÉNDASE:

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.

• Actuar con responsabilidade.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión