O Planetario da Casa das Ciencias acollerá a sesión Inverno do ciclo Modulartec-Vortex de música electrónica
Para público en xeral
28/02/2026
Xa rematou
Ás 21 horas do sábado 28 de febreiro
Importante: unha vez iniciada a actuación non se poderá acceder á sala
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
Venda de entradas a partir das 12 horas do 13 de febreiro nesta ligazón.
Modulartec-Vortex é unha homenaxe ás sesións experimentais que naceron en 1959 no Morrison Planetarium de San Francisco, e que continua coas sesións inicadas no ano 2018 no Planetario da Casa das Ciencias, potenciadas recentemente polos novos proxectores dixitais que permiten a creación de visuais en tempo real.
A primeira sesión deste novo ciclo estacional terá como protagonista a Marta Zapparoli e VJellypin.
Marta Zapparoli é unha artista sonora, radiofónica, performer e investigadora independente italiana afincada en Berlín. Nos últimos anos, o seu traballo centrouse en explorar a intersección entre os aspectos visibles e invisibles da física, buscando activar as súas dimensións poéticas e conceptuais.
Realiza gravacións propias e únicas da "contorna enerxética" que nos rodea, incluíndo radiación electromagnética procedente tanto de fontes naturais como tecnolóxicas, como fenómenos naturais (sinais de radio natural VLF, fontes radioastronómicas como as estrelas, o Sol e as auroras boreales), como de fontes tecnolóxicas (electro-smog, sinais inalámbricos e outras formas de comunicación mediante ondas de radio).
VJellypin (Transnoise/Biotranslab) traballa a imaxe como un organismo líquido e cambiante. As súas pezas constrúense a partir de sinais que se filtran, contamínanse e transfórmanse. O erro convértese nunha ferramenta expresiva. Non hai formas fixas nin xerarquías visuais, só capas, resonancias e interferencias en constante mutación. Circuítos, residuos dixitais e abstraccións vibran no espazo. A materia tecnolóxica disólvese e recomponse. Cada proxección é inestable e irrepetible. Unha experiencia onde o tecnolóxico desbórdase.

Dende o 28/03/2026 ata o 06/04/2026

06/04/2026
Dende o 03/04/2026 ata o 06/04/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 6 meses a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.

07/04/2026
Dende o 03/04/2026 ata o 07/04/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.

07/04/2026
Dende o 31/03/2026 ata o 07/04/2026
Require inscrición.

Dende o 06/04/2026 ata o 07/04/2026
Dende o 30/03/2026 ata o 13/04/2026
Inscrición en liña

08/04/2026
Dende o 01/04/2026 ata o 08/04/2026
Require inscrición.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible