Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

"Dende Rosalía ata as cantareiras", da Xanela do Maxín

Celebración das Letras Galegas

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

27/05/2025

Inscricións:

Dende o 23/05/2025 ata o 27/05/2025

A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

Pídese puntualidade. 

Horario:

Dous pases: 17.00 e 18.30 horas 

Duración:

45 min aprox.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Número de prazas:

35 crianzas por sesión

Prezo:

De balde e con inscrición previa

Espectáculo de narración oral, música, obxectos e novas tecnoloxías para exaltar a herdanza de todas as mulleres homenaxeadas no Día das Letras Galegas, facendo especial fincapé nas cantareiras e no cancioneiro popular a quen se lle dedica este 2025. Poñeremos en valor o legado de todas estas mulleres dende Rosalía de Castro ata as cantareiras. Todas as mulleres que deixaron unha pegada imborrable na literatura, na música e no teatro galegos e que destacaron pola súa creatividade, compromiso e contribución á nosa cultura.

A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases: 

Hai que se inscribir previamente no horario escollido en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions

Pídese puntualidade. 

Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión