Despertares - Desde lo invisible - Charla coloquio
Para público en xeral
12/07/2018
Xa rematou
Despertares: 19.30 h
Desde lo invisible: 20.30 h
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Entrada de balde ate completar a capacidade
Despertares, espectáculo de teatro inclusivo con 18 actores con e sen diversidade funcional.
Un proceso de creación colectiva realizado durante tres meses de ensaio cos alumnos do taller de La Quinta del Arte.
Duración: 40 min aprox
Descanso de 10 min
Desde lo Invisible
Premio MAX ao Espectáculo Revelación 2008
Colaxe de escenas que viran en torno ao mundo das persoas con diversidade. Unha embarazada que non sabe se o seu neno ten unha discapacidade, unha moza que non acepta que o martes non se vaia á piscina, outra no seu primeiro día de traballo, unha irmá que pide un futuro sen ataduras... Mozas e mozos diferentes, monitores, familias, veciños, coñecidos, descoñecidos... Todos mostrarannos a verdade dunha realidade moi afastada da maioría de nós. Risa, emoción, humanidade e poesía irán fluíndo nunha experiencia teatral que tomará ao espectador como cómplice, observador, protagonista e interlocutor dunhas vidas que merecen ser contadas. Unhas vidas que merecen ser vividas.
Duración: 1 h 15 min
Charla coloquio co público para poder realizar a inclusión tamén co espectador poder retroalimentarnos da experiencia.
Duración: 20 min.
DESDE O INVISIBLE xorde como un proxecto de investigación sobre os discapacitados intelectuais. Durante varios meses, as actrices compartiron experiencias con mozos discapacitados nun centro ocupacional de Madrid. Por mor desas experiencias, sumadas ás dos dramaturgos e o director, foron creándose os distintos personaxes e situacións que hoxe constitúen un todo teatral. É unha obra feita con e desde o corazón. Queriamos abrir unha xanela a un mundo particular, nin mellor nin peor, só diferente. Sen dar cabida á compaixón ou ao xuízo. Abrindo o concepto de intelixencia e cuestionando onde están os límites do normal e o belo. Iso é Desde o invisible: abrir portas, derrubar barreiras; poder chegar a través doutros ollos. Os seus ollos.
27/09/2024
28/09/2024
Dende o 27/09/2024 ata o 28/09/2024
01/10/2024
Dende o 27/09/2024 ata o 01/10/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
04/10/2024
04/10/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible