Porque todos somos diferentes…
Para público en xeral
Dende o 01/06/2018 ata o 31/07/2018
Xa rematou
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
libre
Cando me encargaron este proxecto sobre discapacidade relacionada cun contorno natural tíñao moi claro, pero a medida que o traballo avanzaba esa claridade íase difuminando cada vez máis.
Non existe etiqueta máis baleira de realidade que a de discapacidade e discapacitado. Discapacidade? Discapacitado? Discapacitado, por que? Para que? Para quen? A normalidade é un espellismo, unha simple etiqueta que separa, todos somos en esencia iguais, porque todos levamos dentro, e algúns incluso por fóra, algunha discapacidade e con este traballo o único que se pretende é romper fronteiras e mostrar que todos somos diferentes, e precisamente nesa diferenza radica o concepto de normalidade.
Todos somos normais, todos temos a nosa forma de ser e estar. Non existe a discapacidade, os límites que nos pon a vida están para saltalos e avanzar pantalla. A única discapacidade realmente grave é a falta de corazón. E nunca, nunca debemos esquecer que as nosas capacidades son sempre máis grandes cás nosas discapacidades. Viva a diversidade!
Actividades relacionadas

Dende o 12/05/2026 ata o 30/05/2026
Cando: do 12 ao 30 de maio de 2026. A visita guiada: 19 de maio ás 19:30 h.

Dende o 23/04/2026 ata o 31/05/2026

Dende o 26/05/2026 ata o 12/06/2026

Dende o 12/05/2026 ata o 31/07/2026
Exposición ao aire libre na rúa Compostela

Dende o 19/10/2026 ata o 02/11/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible