Xornada de portas abertas nos estudios para a dinamización das artes plásticas da cidade
Para público en xeral
Dende o 06/06/2026 ata o 07/06/2026
Das 10.00 ás 22.00 horas (consultar horario de cada estudio)
Acceso gratuíto
Concello da Coruña
O Concello da Coruña organiza anualmente unha xornada de portas abertas nos estudios de artes plásticas da cidade baixo o nome de Estudios Abertos. Esta iniciativa reunirá o 6 e 7 de xuño a numerosas persoas artistas en 55 espazos da cidade, que lles amosarán aos coruñeses e coruñesas o seu traballo.
Participarán profesionais das diferentes disciplinas artísticas: escultura, pintura, fotografía, ilustración, debuxo, cerámica ou multidisciplinar. O acceso para a cidadanía é gratuíto e os estudios contarán con programación propia durante toda a xornada, que incluirá a participación de artistas invitados/as e outras sorpresas.
O obxectivo desta xornada é coñecer de primeira man os/as artistas coruñeses/as, os seus centros de traballo e creación e os seus procesos creativos. Son todos eles e elas profesionais radicados/as na cidade e que desenvolven o seu traballo nela.

08/06/2026, de 19:00 a 20:30
Dende o 27/05/2026
Aforamento limitado. Prioridade de acceso para reservas confirmadas a través do correo electrónico: institutocornide@coruna.gal
Ao finalizar o acto de presentación farase entrega da publicación.

Dende o 26/05/2026 ata o 12/06/2026

Dende o 12/05/2026 ata o 31/07/2026
Exposición ao aire libre na rúa Compostela

Dende o 19/10/2026 ata o 02/11/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible