Tras catro anos de ausencia, José Luis Perales comezou o pasado día 7 de maio en Valencia unha intensa xira por España que se prolongará ata o mes de setembro polas principais cidades españolas.
Para público en xeral
24/09/2016
Xa rematou
21.00 h
Palacio da Ópera A Coruña . Glorieta América S/N. 15004 A Coruña
35'00 € (visibilidade lateral), 40'00 €, 45'00 € e 50'00 €
Esta xira servirá para presentar o seu novo traballo discográfico "CALMA", acompañado por un grupo de sete músicos, todos eles de primeiro nivel, e unha posta en escena moi sinxela, onde o máis importante será a bagaxe musical do artista, e onde non faltarán os seus éxitos xunto ás súas novas composicións.
José Luis Perales é, indiscutiblemente, un dos autores máis prolíficos e exitosos na escena española dos últimos 40 anos.
Ademais dos seus propios traballos, o cantautor de Cuenca escribiu cancións inesquecibles para innumerables artistas como Jeanette, Pecos, Mocidades, Paolo Salvatore, Miguel Bosé, Raphael, Paloma San Basilio, Isabel Pantoja, Julio Iglesias, Azúcar Moreno, Lola Flores e un longo etc.
É sen dúbida o cantautor hispano máis versionado do mundo, e as súas letras son poesías que falan do amor, a nostalxia e a paz. Perales realizou 27 producións musicais e rexistrou máis de 510 cancións.
VENDA DE LOCALIDADES
Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h.
Despacho do Palacio da Ópera: día do concerto de 11.00 a 14.00 e de 17.00 ata o inicio do concerto.
No servizo de venda de entradas de Ataquilla.com, por internet en http://www.ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, nos centros culturais AFUNDACION (Cantón Grande na Coruña)

16/12/2025

Dende o 14/10/2025 ata o 16/12/2025

17/12/2025

17/12/2025

18/12/2025

18/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible