Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Letras Galegas 2023: un serán coa Pequena Fauna do Cantigueiro de Cotobade

Baixo o lema "Sinte en galego: Letras Galegas 2023", as bibliotecas municipais queremos convidar á veciñanza a sentir en galego, organizando diversas actividades a partir do venres 12 de maio e ata o venres 19 onde o galego será o epicentro da festa. As bibliotecas visibilizamos o compromiso coa lingua e literatura de noso ao longo do ano, pero estes días en especial ofertamos contacontos, obradoiros, monicreques e outras actividades para diversas idades.

A quen vai dirixido?:

De 5 a 12 anos

Familias

A quen vai dirixido:

Infantil, Familias

Cando:

16/05/2023

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre

Horario:

De 18.00 a 19.30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Hashtag:

##sinteengalego #díadasletrasgalegas #letrasgalegas2023 #fernandezdelriego #pequenafauna #cantigueirodecotobade #bduranloriga

Contacto:

Na Biblioteca Municipal Durán Loriga  contamos con Halimah Salabi (cantareira de Pan sen Fron) e David Carballal (ilustrador e editor de Pequena fauna). Ambos descubrirannos a través das cantigas, os debuxos e as pandeiretas o mundo agochado no Cantigueiro de Cotobade. 

Un libro cunha vintena de cantigas incluídas no Cantigueiro de Cotobade, recompilado por Antonio Fraguas, nas cales os protagonistas son os animais: os de compaña, como o can ou o gato; os de granxa, como a vaca ou o galo; e os salvaxes, como o raposo ou o moucho. Unha pequena fauna que reflicte as querenzas e temores daqueles que un día cantaron por terras de Cotobade, e que son tamén as de todo o pobo galego.

Esperámosvos!!!

Tamén che pode interesar

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión