Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Biblioteca Municipal Durán Loriga

Enderezo:

Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Teléfono:

981 184 388

Fax:

981 184 385

Páxina web:

http://www.coruna.gal/bibliotecas

Horario:

  • Inverno e verán
    • Luns a venres de 12.00 h a 14.00 h. e de 16.00h a 20.30h.
    • Sábados de 10.00h a 14.00h.
  • Nadal (pechada os días 24 e 31 de decembro)
  • Semana Santa (pechada o sábado)

Horario

  • Inverno e verán
    • Luns a venres: de 12 a 14h. e de 16 a 20.30h.
    • Sábados de 10.00h a 14.00h.
  • Días de peche: domingos e festivos, 24 e 31 de decembro, e sábado de Semana Santa.

Como chegar

Localiza a biblioteca no mapa da cidade e visítanos! Se vas facelo en medios de transporte públicos ou en bicicleta esta información serache útil:

Liñas de bus urbano

Liña 1 - Liña 1A - Liña 2 - Liña 2A - Liña 3- Liña3A - Liña 4- Liña 6 - Liña 6A - Liña 7- Liña 17

Estacións de bicicletas

Que me ofrece esta biblioteca

Nesta biblioteca, como nas outras sete, atoparás bibliotecarios e bibliotecarias dispostos a axudarche no que necesites.

Cada persoa ten o seu espazo na biblio: hai zonas especialmente pensadas e deseñadas para bebés, nenos e nenas, novas e persoas adultas.

Dispón de múltiples materiais que poderás levarche en préstamo, música e cinema, computadores de acceso público, conexión wifi...

Busca e descobre todas as actividades e cursos que che ofrece esta biblioteca e as demais da Rede

Máis información

Inaugurada en maio de 1991, foi un dos primeiros centros do Sistema Municipal de Bibliotecas da Coruña. Este equipamento inicialmente creado como biblioteca especializada en literatura Infantil e Xuvenil (da que tomou o seu nome), co paso dos anos e coa ampliación da rede de bibliotecas respondeu ao cambio nos usos e demandas da cidadanía polo que actualmente é un equipamento de carácter xeral e pasou a denominarse Biblioteca Municipal Durán Loriga.

A Biblioteca Durán Loriga defínese como un espazo de encontro e relación, de lectura e socialización, un centro público de información e promoción lectora que presta os seus servizos a toda clase de públicos, e que traballa para dar servizos e programas innovadores á cidadanía (como o Programa BiblioTECH), á vez que coopera con centros académicos e educativos como a UDC para promover o coñecemento sobre lectura e literatura infantil e xuvenil e así contribuír á formación dos novos mediadores e educadores.

Consulta as cifras desta e outras bibliotecas

Actividades relacionadas

Próximas actividades nesta biblioteca

  • BiblioTECH. Obradoiro sobre Intelixencia Artificial

    Cando:

    Dende o 05/10/2024 ás 11:00 ata o 26/10/2024 ás 13:00 , os sábados

    Realizarase os sábados 5, 19 e 26 de outubro.

    Inscricións:

    Dende o 28/09/2024 ata o 05/10/2024

    Require inscrición.

    Horario:

    Das 11.00 ás 13.00 h

  • Avanzo en Internet co móbil

    Cando:

    Dende o 07/10/2024 ata o 11/10/2024

    Inscricións:

    Dende o 30/09/2024 ata o 05/10/2024

    Inscrición en liña

    Horario:

    De 09:00 a 12:00 horas

  • Ruta literaria para a rapazada

    Cando:

    08/10/2024

    Inscricións:

    Dende o 01/10/2024 ata o 08/10/2024

    Require inscrición

    Horario:

    de 18:30 a 20.00 horas

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión