Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

«Música nas estrelas»

Concerto do grupo Pärbo no Planetario, con motivo da Romaría de Santa Margarita 2026

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

28/08/2026

Inscricións:

Venda de entradas a partir das 11.00 horas do 24 de agosto, nesta ligazón

Horario:

Dúas sesións, ás 18.00 e ás 19.00 horas do 28 de agosto

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Prezo:

4 euros

O Planetario da Casa das Ciencias acolle o próximo 28 de agosto un concerto de Pärbo (Begoña Riobó e Anxo Pintos) con visuais de Montse Pinheiro. Unha sesión única preparada para este concerto dentro da programación da Romaría de Santa Margarita.

Pärbo naceu na primavera de 2019, cando Begoña Riobó e Anxo Pintos comezaron a buscar un repertorio que fusionase a música tradicional galega con elementos contemporáneos. Utilizando instrumentos como o violín, a arpa céltica, a zanfona e a voz crean un son único que reflicte tanto a tradición como a innovación e logran unha proposta sonora distintiva.

Haberá dúas sesións, ás 18.00 e ás 19.00 horas. Para asistir, hai que adquirir entradas, que poderán comprarse a partir das 11.00 horas do 24 de agosto, nesta ligazón.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión