Actividade no Planetario con motivo do quinto aniversario da estrela Rosalíadecastro
Para público en xeral
18/12/2024
Xa rematou
Ás 19.30 horas
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
Entrada libre ata completar a capacidade da sala
Agrupación Astronómica Coruñesa Ío e Museos Científicos Coruñeses.
Colaboran Asociación Cultural Alexandre Bóveda e Casa de Rosalía
O 17 de decembro de 2019 a Unión Astronómica Internacional designou oficialmente co nome Rosalíadecastro a unha estrela na constelación do Serpentario. No quinto aniversario deste fito histórico, o mércores 18 de decembro realízase unha actividade na Casa das Ciencias na que Martin Pawley, promotor da campaña dende a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, contará historias da astronomía a través dos textos de Rosalía de Castro, nunha sesión especial de planetario arredor da escritora e da súa estrela.
A actividade é de entrada libre ata completar a capacidade da sala. As entradas empezaranse a repartir a partir das 19.15 h na recepción da Casa das Ciencias. Non se permite a entrada unha vez iniciada a actividade.

29/04/2026

29/04/2026
Acceso libre até completar a capacidade

30/04/2026

30/04/2026
Entradas á venda o 23 decembro 2025 ás 11.00 h

30/04/2026, de 19:00 a 20:30
Dende o 15/04/2026 ata o 30/04/2026

Dende o 25/04/2026 ata o 02/05/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible