O mago de Oz conta as aventuras de Dorita, unha nena soñadora que vive unha vida apracible cos seus tíos Enrique e Emma. Un día, mentres dorme, Dorita é arrastrada por un tornado e esperta co seu cachorro Totó na terra de Oz, un mundo estraño e marabilloso. Desde alí, Dorita ten que emprender a viaxe de volta á casa.
Para público en xeral
22/12/2015
Xa rematou
Para iso pide axuda á Bruxa Boa, que lle informa de que para volver á casa debe ir á Cidade Esmeralda a ver ao Gran Mago, que é o único que pode axudala. Para protexela de todos os perigos que lle puidesen axexar, a Bruxa Boa bica a Dorita e regálalle unhas zapatillas máxicas.
Deste xeito, Dorita inicia a súa viaxe polo camiño de baldosas amarelas ao longo do cal atopa extravagantes pero simpáticos personaxes: un Espantallo que non ten cerebro, un Home de Lata que desexa un corazón e un León Covarde que carece de valor.
Cando chegan á Cidade Esmeralda, os protagonistas son conducidos ata Oz para que lles conceda a súa axuda, pero Oz pídelles a cambio derrotar á Bruxa Maligna antes de poder realizar os seus desexos. Tras sortear diversos perigos, Dorita e os seus amigos enfróntanse á poderosa Bruxa Maligna e conseguen destruíla.
Con todo, ao regresar á Cidade Esmeralda, só queda desta un páramo deserto e Dorita salouca asustada ante a posibilidade de non voltar á casa nunca. Finalmente, a Bruxa Boa e o Mago preséntanse e este cumpre a súa promesa de axudar a Dorita a volver á casa.
Entidades

29/05/2026
Dende o 22/05/2026 ata o 29/05/2026

30/05/2026

31/05/2026
A venda de entradas activarase o 29 de maio ás 11:00 h.

Dende o 22/02/2026 ata o 31/05/2026
As entradas sairán á venda o venres anterior á realización de cada función, a través das canles habituais.

09/06/2026
Dende o 05/06/2026 ata o 09/06/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.

26/12/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible