Buscamos tesouros agochados na nosa cidade! Acepta o reto de atopalos usando o geocaching!
Infantil, Xuvenil
Dende o 05/03/2022 ás 11:00 ata o 02/04/2022 ás 13:00 , os sábados
Realizarase os sábados 5, 12, 26 de marzo e 2 de abril.
Xa rematou
Dende o 26/02/2022 ata o 05/02/2022
Require inscrición.
De 11 a 13h.
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
8
De 12 a 18 anos.
bduranloriga@coruna.gal
Tel.: 981 184 388
Co geocaching iremos na procura de tesouros ocultos na nosa cidade, na biblioteca, na natureza...
Dentro do Programa BiblioTECH, da Biblioteca Durán Loriga, poderás formarte nesta aplicación tecnolóxica que logo poderás trasladar para crear o teu propio xogo de orientación e descubrimento. Co geocaching convidámoste a descubrir localizacións das cousas que te propoñas, dentro ou fora da túa cidade, explorando "xunto" a outros usuarios.
Xógase a nivel internacional, e está englobada dentro do nivel 2 da clasificación de RA (realidade aumentada), como unha forma de realidade virtual sen marcadores, no que se esconden tesouros por todo o mundo e o teu reto é atopalos. Un xogo de pistas e orientación que xa atrae a millóns de persoas!
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible