Clara F. Marín -nada en Barcelona- comezou a súa formación artística en Galicia con dous dos nosos grandes pintores: Quintana Martelo e Alfonso Costa.
Para público en xeral
Dende o 25/10/2017 ata o 16/11/2017
Xa rematou
Fundación Rodríguez Igrexas. Rúa Cordelería 32. 15003 A Coruña
Celebrou a súa primeira exposición de pintura na galería Sementeira de Noia (A Coruña) en 1985. Dende entón, realizou múltiples exposicións en Galicia (Vigo, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, A Coruña...), así como en Madrid (Casa de Galicia) e Barcelona (Sala Barna). Participou en feiras internacionais en Portugal, Holanda (A Haia) e Alemaña (Frankfurt). Como gravadora participou en numerosas exposicións colectivas na Coruña, Sada, Noia, Ribeira...
Esta exposición amosa o traballo da artista nestes últimos anos, e nela o visitante atopará pezas nas que Clara F. Marín emprega novas técnicas, como o gravado, cunha importante colección de monotipos. A temática do gravado é abstracta, pero cun xogo de colorido similar ao empregado nos óleos tamén presentes na exposición. Son as dúas caras dun mesmo cromatismo -tan característico da artista- que a persoa visitante poderá atopar nos óleos e gravados que dan nome á mostra.

Dende o 26/05/2026 ata o 12/06/2026

Dende o 12/05/2026 ata o 31/07/2026
Exposición ao aire libre na rúa Compostela

Dende o 19/10/2026 ata o 02/11/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible