Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

"Polo plan" de Carlos Freire

A peza "Polo plan..." pon diante das persoas espectadoras a relación home-muller nunha sociedade na que aínda se mantén o predominio do varón e o abuso que este exerce sobre o xénero feminino.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

29/11/2019

Xa rematou

Horario:

20:30 h

* Pídese puntualidade, unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso.

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Recadación de alimentos non perecedoiros a favor do banco de alimentos.

Organiza:

Trotaconventos

Documentos:

Programa de man (Portada) (389 KB)

Programa de man (491 KB)

A trama tamén descobre a diferenza que existe entre o papel que algúns homes de prestixio desenvolven na súa familia, ou no medio máis próximo que os rodea, e o que realmente xogan cando se consideran a salvo de seren postos en evidencia diante da sociedade na que viven.

O contrapunto aparece na peza da man doutras persoas de menor rango, que tamén desfilarán polo escenario: as serventas dunha mansión, unha camareira, un chofer, a conserxe dunha facultade universitaria, unha azafata de congresos etc.

Estas persoas, ademais de desempeñar o seu propio papel na peza, coas súas contradicións, desvelarán as trécolas que argallan os que elas chaman "abusadores", para saíren libres das súas malfeitorías.

Finalmente, a conversa de dúas empregadas da mansión co chofer dos señores poñerá un remate inesperado á historia que se representa.

Actúan:

  • Carlos Fabal (como Niceto)
  • Santi Cotón (como Rosende)
  • Moncho Álvarez (como Armando)
  • Rosa María Freire (como Maruxa)
  • Pilar Padín (como Basilia)
  • Ángeles Freire (como Margarida)
  • Pilar Pedreira (como Marcela)
  • María García (como Carme e a do público)
  • Brahim El Ghotiss (como Xan)
  • Ángeles Vázquez (como avogada da empresa)
  • Trini Mardones (como a azafata)
  • Lola Lago (como conserxe)
  • Carlos Freire (como o presidente do tribunal)
  • Manuel González (como o doutor Guzmán)
  • Marisa Gómez (como a camareira)
  • Ernesto Regueiro (como don Nicanor e o chofer)

Dirixe:

Carlos Freire

Coordinan:

Jacobo Lobeiras (luz e son)

Vicky López (escenografía e decorados)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión