Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Presentación do libro-disco: MAREIRA

A cantautora Bea a de Estrela presenta ‘Mareira’, financiado grazas a máis de 200 micromecenas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

08/04/2022

Xa rematou

Horario:

- Hora: 21.00 h

- Hora de apertura de portas: 20.15 h

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

10,00 €

Para menores de 12 anos as entradas custarán 5,00 €

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

  • Usar máscara de forma obrigatoria.
  • Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
  • Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera etc.
  • Aplicar solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo/a proxección deben facelo con entrada.

- Unha vez que comece a proxección, non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Beatriz Pérez Mosquera

Neste libro-disco conta coa colaboración de Pablo Milanés, Rosa Aneiros e Yolanda Castaño, ademais dun videoclip de Jairo Iglesias

En 'Mareira', Bea a de Estrela reconstrúe a vida da súa tía María Pérez Grobas, emigrante e viúva do compositor do tango 'A media luz'

A cantautora galega Bea a de Estrella presenta o seu novo traballo cun concerto no Centro Ágora, acompañada por unha banda de seis persoas e mesmo un cuarteto de corda. Trátase dun libro-disco que combina música e literatura, e que foi posible grazas á colaboración de 209 micromecenas que achegaron case 9.000 euros a través da plataforma Verkami. Estaba baseado na historia de María Perez Grobas, tía de Bea a de Estrella, emigrada a Bos Aires en 1927, e viúva do compositor Carlos César Lenzi, autor do famoso tango "A media luz".

En Mareira, Bea a de Estrella contou coa colaboración de Pablo Milanés no tema que dá nome ao disco, coa música africana de Mü Mbana e co talento literario de Rosa Aneiros, que reconstrúe a historia de María Pérez Groba, e de Yolanda Castaño, nos versos. Ademais, o realizador Jairo Iglesias que acaba de gañar un Mestre Mateo por Origen, encargarase da dirección do videoclip, que se presentará en exclusiva no concerto do Ágora. Trátase, xa que logo, dun traballo multidisciplinar, no que diferentes formas de expresión artística orbitan arredor da música e a emoción. E así trasladarase ao escenario o vindeiro 8 de abril, nunha actuación na que haberá un recital poético de Yolanda Castaño, danza e unha intervención artística na que son e pintura dialogarán.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Centro Ágora unicamente os días de concerto desde unha hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 h ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h (excepto festivos)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión