Obradoiros e actividades de carácter cultural que fomentan a participación activa e o contacto con outras persoas afíns en afeccións e gustos culturais; co obxectivo de dar resposta ás necesidades de gozar do tempo libre, de socialización e de satisfacción por compartir que dan as actividades presenciais en vivo e en directo.
Persoas maiores de idade
Para público en xeral
Dende o 03/10/2022 ata o 23/12/2022
Xa rematou
Dende o 07/09/2022 ata o 09/09/2022
12 semanas
COTA DE INSCRICIÓN:
23 € por obradoiro para as persoas maiores de 65 anos, cumpridos antes do inicio dos obradoiros.
35 € por obradoiro para as persoas menores de 65 anos.
A cota non será devolta no caso de suspensión do programa por confinamento por coronavirus, debido a que os obradoiros continuarían desenvolvéndose "en liña".
Ser maior de idade.
IMCE
NOTA IMPORTANTE PARA AS PERSOAS USUARIAS DO ÁGORA
Por non chegar a un mínimo de solicitudes, os seguintes obradoiros non se levarán a cabo neste programa de outono:
HISTORIA DA ARTE FOTOGRÁFICA
INICIACIÓN AO BREAKING
OBRADOIRO EXPERIMENTAL
OBRADOIRO DE FLOORWORK E TÉCNICAS DE CHAN
SPRAIATE
O MUNDO DA ANIMACIÓN
UN PASEO POLA ESCURIDADE: OLLADA PANORÁMICA Á LITERATURA GÓTICA
Por un problema da axenda da profesora, o obradoiro ARTE NOS BARRIOS cambia de día. Terá lugar os luns das 17:00 ás 18:30 h.
CONDICIÓNS PARA PARTICIPAR NOS OBRADOIROS
PREINSCRICIÓN: 7, 8 e 9 de setembro.
Formulario de Fórum:
https://forms.gle/cGYkHyw6s57bD5qY6
Formulario de Ágora:
https://forms.gle/FPkRCPzcNXKXsBJu8
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DE PREINSCRICIÓN: o 12 de setembro, ás 9.00 h, na páxina web municipal (www.coruna.gal ), na de Cultura (www.coruna.gal/cultura) e no servizo telefónico 010.
PRAZO DE RECLAMACIÓNS SOBRE AS LISTAXES DE PREINSCRICIÓN: 13 e 14 de setembro, a través do correo electrónico a forumagora@serviplus.org.
SORTEO PÚBLICO: o xoves 15 de setembro, ás 10.00 h, nas conserxerías de ambas as sedes.
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DE PRAZAS ADXUDICADAS E DAS LISTAXES DE AGARDA: o luns 19 de setembro, ás 9.00 h, na páxina web municipal e na de Cultura e no servizo telefónico 010.
PAGAMENTO DA COTA: os días 19, 20 e 21 de setembro.
MODO DE PREINSCRICIÓN:
Farase de forma telemática, a través da páxina web www.coruna.gal/cultura. Facilitarase axuda telefónica a través do teléfono 624 195 402 (de 9.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h) no caso do Fórum Metropolitano e a través do teléfono 613 305 903 (de 9.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h) no caso do Ágora, para aquelas persoas que non teñan correo electrónico ou dificultades de acceso a Internet.
Todas as inscricións que teñan data de envío anterior ou posterior aos días e horas indicados non serán tramitadas.
ADXUDICACIÓN DE PRAZAS ÁS LISTAXES DE AGARDA:
Contactaremos telefonicamente coas persoas das listaxes de agarda para confirmar que continúan interesadas en inscribirse nos obradoiros que solicitaran.
Nunha primeira volta: o día 26 de setembro; e na segunda volta: o día 28 de setembro.
Realizaranse tres intentos de contacto telefónico a diferentes horas do mesmo día. De non se conseguir a comunicación, pasarase á seguinte persoa da listaxe de agarda.
PAGAMENTO DAS PRAZAS ADXUDICADAS DAS LISTAXES DE AGARDA: as da 1.ª volta, o 26 ou 27 de setembro; e as da 2.ª volta, do 28 ou 29 de setembro.
ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS VACANTES: a partir do venres 30 de setembro volverá abrirse o formulario de inscrición na web para o público en xeral, e farase O PAGAMENTO do mesmo xeito que o resto, ata esgotarse.
PAGAMENTO DA COTA:
Do 19 ao 21 de setembro (os tres días incluídos).
A cota correspondente aboarase mediante transferencia á conta núm. ES76 2080 0036 6230 4002 1977. Enviarán o seu comprobante por correo electrónico a forumagora@serviplus.org, xunto co núm. do DNI/NIE, o nome da persoa participante, centro (Fórum ou Ágora) e o/os obradoiro/s aboado/s.
As persoas que teñan dificultades en realizar a transferencia "en liña" o non dispoñan de correo electrónico, poderán realizar o pagamento da cota mediante tarxeta de crédito (ou efectivo), presencialmente no Fórum os días 19 e 20 de setembro, de 16.00 a 20.00 h, ou depositar nas conserxerías unha copia da transferencia bancaria en papel xunto co núm. do DNI/NIE, o nome da persoa participante, e o/os obradoiro/s aboado/s.
No caso de non se realizar o pagamento nos ditos prazos a praza quedará vacante, e serán chamadas as persoas solicitantes da listaxe de agarda para cubrila.
Se unha vez aboada a cota non fose posible realizar o obradoiro, só se devolverá o seu importe se se cobre a praza con outra persoa solicitante, coa data límite do venres 14 de outubro.
Os obradoiros só se porán en marcha cun mínimo de 12 participantes.
INICIO E REMATE DOS OBRADOIROS:
Comezarán a partir do 3 de outubro e rematarán do 19 ao 23 de decembro, no día e hora que corresponda a cada obradoiro.
Documentos relacionados
Os días 28/02/2023 á 01:00 , 07/03/2023, 14/03/2023, 21/03/2023, 28/03/2023
13/04/2023
Os xoves, con periodicidade quincenal.
Dende o 15/09/2022 ata o 13/04/2023
Require inscrición.
14/04/2023
Dende o 18/02/2023 ás 11:30 ata o 15/04/2023 ás 13:30 , os sábados
O taller desenvolverase os sábados de febreiro a abril (8 semanas); de 11.30 a 13.30h.
Dende o 11/02/2023 ata o 04/03/2023
Require inscrición.
25/04/2023
28/04/2023
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible