Asociación De Maior Crea
Para público en xeral
23/05/2026
20.15 h
90 min
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
3,00 €.
NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO
Rógase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.
Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo política de descontos.
Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.
Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.
Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e luz molestan a público e artistas.
O teatro ten reservado o dereito de admisión
Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.
Os cochecitos e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralle indicacións.
Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.
Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo responsable da sala.
A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.
RECOMÉNDASE:
Seguir as instrucións do persoal de sala
Actuar con responsabilidade.
Asociación De Maior Crea
Na noite de fin de ano, Suso da Torre, un empresario de éxito, xa xubilado, e a súa esposa Marta reciben na súa casa a varios amigos e familiares.
Entre risas, brindes adiantados e conversacións, a noite avanzará... pero non cara a onde todos esperaban. A que prometía ser unha deliciosa velada, vese alterada pola morte de Suso por mor dun disparo.
¿Un accidente?, ¿suicidio?, ¿asasinato?
A policía vaino a ter complicado, moi complicado... porque detrás desa elegante capa de sorrisos, brindes e "que ben estás" escóndese un auténtico festival de superficialidade e hipocrisía.
A investigación da morte de Suso pon de manifesto que todos teñen algo que ocultar... Os seus segredos e pulsións teñen tal dimensión que darían, mesmo, para facer unha obra de teatro.
En todo caso, un precioso mosaico de relacións humanas... máis falso que un billete de 7 euros.
En fin, é o que hai.
Autoría e dirección: Alberto Gómez
Codirección: Lucía Cifuentes
Rexedores: Begoña Cadavid e Manuel Méndez
Elenco: Adela Castro, Almudena Graza, Asun Couto, Aurora Rodríguez, Beatriz Augado, Dori Fernández, Fernando Fernández, Fina Lafuente, Isabel López, Juan Carlos Fernández, Manu Rocandio, Marisa Pardo, Paco Fontes e Trini Espiñeira
VENDA DE ENTRADAS:
Entidades

16/04/2026

16/04/2026
Dende o 09/04/2026 ata o 16/04/2026
Require inscrición

17/04/2026

17/04/2026
Dende o 10/04/2026 ata o 17/04/2026
Require inscrición

18/04/2026

21/04/2026
Dende o 17/04/2026 ata o 21/04/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible