Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Rugby Benxamín - V Xogos Escolares

Torneo escolar dirixido a nenos da categoría Benxamín (2º, 3º e 4º de Primaria) e que se realizará na Cidade Deportiva da Torre

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 05/11/2018 ás 16:00 ata o 30/04/2019 ás 17:00 , os luns e xoves

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 09/10/2018 ata o 19/11/2018

Horario:

Luns e xoves

  • 16.00 a 17.00 h

Duración:

1 hora

Enderezo:

Cidade Deportiva A Torre. Rúa Doctor Vázquez Iglesias 2. 15002 A Coruña

Organiza:

Servizo Municipal de Deportes

Contacto:

981 189 800

xogosescolares@coruna.es

Para proceder a realizar as inscricións, primeiro deberaste dar de alta como promotor de equipo ou equipos a través da plataforma Smart City seguindo as seguintes instrucións:

A primeira vez que realices unha inscrición como promotor nalgunha das actividades municipais, o sistema necesitará que previamente esteas dado de alta na Plataforma Smart City indicando algúns datos básicos.

Unha vez completado este proceso de darse de alta como promotor en Smart City, poderase empezar a formalizar as inscricións de cada unha das persoas participantes en cada modalidade deportiva. 

O sistema permitirá a gravación de inscricións todas as veces que se desexe. Cun límite máximo de 60 minutos cada unha delas. Así mesmo, tamén lembrará todas as persoas que inscribas, de forma que nunca terás que introducir a mesma información dúas veces.

Unha vez realizada a inscrición, o sistema enviarache un correo electrónico cos datos das persoas que inscribas e cunha ligazón por se queres dar de baixa a algunha delas.

O primeiro día de actividade cada alumno/a inscrito/a deberá entregar cuberto e asinado o Formulario de Identificación da persoa participante, que se pode descargar na seguinte ligazón.

As inscricións realizaranse a través da web www.coruna.gal/deportes, cubrindo no formulario de solicitude correspondente a categoría desexada. Deberase cubrir un formulario de inscrición en liña para cada un dos equipos que se queira dar de alta nestes xogos.

Os equipos dos ciclos de ESO e Bacharelato deberán ir acompañados durante os encontros por unha persoa responsable maior de 18 anos.

Cada centro educativo, ANPA ou promotor/a poderá inscribir tantos equipos como queira, respectando os números de xogadores máximos e mínimos establecidos.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión