Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

SEN NUMERAR Primavera 2026 - "Menina, soy una puta obra de Velázquez"

A mensaxe principal do espectáculo é o amor cara a un mesmo, sobre si e sobre o seu corpo. Falamos cunha linguaxe contemporánea, actual e cruel como a vida mesma para tratar o tema do acoso ou bullying. A idea é conmover, axitar e transformar o público.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

08/05/2026

Horario:

20.30 h

Duración:

55 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

9,00 €

Carné Xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas: 7,00 €

** Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de mercar a entrada e no acceso ao lugar onde terá lugar o espectáculo.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Pídese puntualidade. Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.
  • Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
  • Non se permite consumir alimentos nin bebidas na sala (excepto auga).
  • Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e a luz molestan o público e artistas.
  • O teatro ten reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.
  • Os cochiños e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralles indicacións.
  • Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.
  • Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo persoal responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

  • Seguir as instrucións do persoal da sala.
  • Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.es

MENINA móstrase en conflito co resto do mundo, con ela mesma, atrapada no seu corpo, na súa contorna e no seu contexto. É a continuación lóxica do Inferno ao Paraíso. Como se da Divina Comedia se tratase, o noso personaxe purgará a súa vida para atoparse, para reconciliarse e para liberarse.

MENINA é un berro desesperado de empoderamento, de liberdade e de superación contra esta secuela social, é teatro de denuncia e comedia de costumes, no sentido que retrata un comportamento acedo dun segmento da poboación cara ás persoas obesas.

Texto: J. P. Cañamero, Pedro Luis López Bellot, e Sergio Adillo

Dirección e dramaturxia: Pedro L. López Bellot

Elenco: Nuqui Fernández

Duración: 55 minutos

Público: recomendado para maiores de 14 anos

Espectáculo en castelán

VENDA DE ENTRADAS:

  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
  • Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: dende unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)
  • ataquilla.com

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión