Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Taller formativo sobre observación da eclipse solar

A actividade está dirixida a profesorado, técnicos de cultura e profesionais de atención sociocultural

A quen vai dirixido?:

Profesorado, técnicos de cultura e profesionais de atención sociocultural

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 26/03/2026, 16/04/2026, 30/04/2026, 14/05/2026, 21/05/2026

Inscricións:

Preinscricións a partir das 9 horas do mércores 18 de marzo neste formulario

Horario:

De 17 a 19 horas

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Número de prazas:

20 prazas por sesión

Prezo:

Gratis

Organiza:

Casa das Ciencias en colaboración coa Agrupación Astronómica Ío

O próximo 12 de agosto será posible ver desde A Coruña unha eclipse total de Sol, un evento excepcional e único para o que é importante prepararse con antelación. Para favorecer que a cidadanía coruñesa poida observar da maneira máis adecuada e segura esta eclipse, a Casa das Ciencias en colaboración coa Agrupación Astronómica Ío organiza talleres sobre a observación eclipses dirixidos a profesorado, técnicos de cultura e profesionais de atención sociocultural, co obxectivo de que despois poidan transmitir a outras persoas o que aprenda.

Haberá cinco talleres, que terán lugar en horario de 17 a 19 horas os seguintes días: 26 de marzo, 16 e 30 de abril, 14 e 21 de maio. A actividade comezará cunha sesión no planetario, onde se explicará a xeometría das eclipses e indicaranse os mellores lugares para ver a próxima eclipse do 12 de agosto desde A Coruña e os seus arredores. A segunda parte da actividade terá lugar na sala de actividades do museo, situada no seu edificio xunto á fonte da bóla dentro do parque de Santa Margarita, onde se abordarán as dúbidas dos participantes e construirase unha cámara escura cunha caixa de cartón, instrumento que permite observar calquera eclipse de Sol con total seguridade para os nosos ollos.

Esta actividade é gratuíta e para participar só será necesario preinscribirse a través deste formulario en liña a partir das 9 horas do mércores 18 de marzo. Todo o material necesario para participar no taller fornecerao o museo.

A Casa das Ciencias programará máis adiante outras actividades sobre a observación da eclipse abertas á cidadanía en xeral.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión