Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

VII Feira de Ciencia Isabel Zendal no Aquarium Finisterrae

Con motivo desta feira científica a entrada ao Aquarium Finisterrae será gratuíta, con reserva de entradas a partir do mércores 29 de xaneiro

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

01/02/2025

Xa rematou

Inscricións:

Reserva de entradas aquí

Horario:

Os talleres realizaranse en horario das 11.00 ás 14.00 e das 16.00 ás 18.30 horas.

O Aquarium Finisterrae estará aberto das 11.00 ás 19.00 horas, con último acceso ás 18.00 horas.

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Prezo:

Entrada gratuíta. É necesario reservar as entradas, o que se poderá realizar a partir das 9.00 horas do mércores 29 de xaneiro neste enderezo: https://ticketing.coruna.gal/mc2/aq/

Organiza:

UDCiencia d+i e Museos Científicos Coruñeses

A Feira de Ciencia Isabel Zendal despregará nas salas do Aquarium Finisterrae catorce talleres divulgativos sobre ciencia atendidos por profesorado e alumnado da Universidade da Coruña, e ofreceralle ao público unha oportunidade para descubrir e aprender ciencia participando nunha diversidade de experimentos, xogos e actividades.

Para visitar este día o Aquarium Finisterrae, que celebra xornada de portas abertas con entrada gratuíta, e participar nos talleres, é necesario realizar unha reserva de entradas, que se poderá realizar a partir das 9.00 horas do mércores 29 de xaneiro neste enderezo: https://ticketing.coruna.gal/mc2/aq/

Para lles facilitar o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reserva, acompañadas doutra persoa se o necesitan.

As persoas que desenvolverán as actividades estarán caracterizadas coma as protagonistas da expedición da vacina, da que toma nome esta feira. Isabel Zendal e Francisco de Balmis estarán caracterizados por Ana González Tizón e Andrés Martínez Lage, mentres que os alumnos e alumnas serán os nenos que transportaron a vacina.

A feira incluirá catorce de talleres divulgativos sobre algúns dos grupos animais máis característicos que se poden ver no Aquarium Finisterrae como peixes, polbos, quenllas e cangrexos, ademais doutros temas sobre saúde e bioloxía:

  • Súper tiburóns. Presentación da quenlla de Groenlandia, un peixe cartilaxinoso cunhas características xenéticas e fisiolóxicas que lles fai parecer uns superheroes.
  • Doutor Octopus. Os polbos son mestres da camuflaxe, cambian de cor hábilmente ante determinadas situacións e adáptanse ao fondo mariño e pasan desapercibidos para outras especies. Neste taller explicarase como, cando e por que se camuflan.
  • Un curioso mexicano. O axolote (Ambystoma mexicanum) é un un animal sorprendente. Mediante xogos e crebacabezas proponse descubrir que é a neotenia, o curioso proceso que o fai tan especial.
  • Peixes mutantes. Propónselle ao público crear o seu propio peixe mutante.
  • Don cangrexo. Un taller sobre como viven os cangrexos, a súa anatomía, bioloxía e os seus cromosomas.
  • Editando xenomas. Explicación da tecnoloxía CRISPR-Cas9, utilizada en xenética e bioloxía molecular e que permite cambiar o ADN dun organismo.
  • Telómero e telomerasa. Explicarase como funcionan os telómeros, rexións dos cromosomas que garanten a estabilidade dos xenomas, e que son responsables do envellecemento.
  • Garda o equilibrio! Describirase o centro de gravidade e a súa importancia para manter o equilibrio, explorando a estabilidade das embarcacións.
  • Vacinas e vitaminas. Un taller para descubrir que son e como funcionan as vacinas, e o papel dos anticorpos e o sistema inmune.
  • Viralízate. Para coñecer que son os virus, como funcionan, como infectan os seus hospedadores. Son ou non seres vivos?
  • Toma vitamina! O papel da vitamina C no funcionamento do organismo e determinación da cantidade presente nalgúns alimentos.
  • Pequenos cambios, grandes impactos. Como se reparan as mutacións no ADN e cales son as súas consecuencias.
  • Taller de enfermería. Reanimación cardiopulmonar básica, primeiros auxilios de feridas, conceptos básicos de nutrición, calzado saudable, antropometría e morfoloxía do pé, estudo das presións plantares.

A Feira está organizada por UDCiencia d+i, un grupo de divulgación científica e innovación docente da Universidade da Coruña, en colaboración co Aquarium Finisterrae. Leva o nome de Isabel Zendal como homenaxe á Real Expedición Filantrópica da Vacina, que partiu do porto da Coruña o 30 de novembro de 1803.

Tamén che pode interesar...

  • Semana Santa

    Programación Semana Santa

    Cando:

    Dende o 28/03/2026 ata o 06/04/2026

  • “O son que me arrola”, da Asociación socioeducativa Antonio Gandoy

    “O son que me arrola”, da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy

    Cando:

    06/04/2026

    Inscricións:

    Dende o 03/04/2026 ata o 06/04/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 6 meses a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

  • "Momento musical para bebés", de Lydia Botana

    Cando:

    07/04/2026

    Inscricións:

    Dende o 03/04/2026 ata o 07/04/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

  • Os Ratos de Lonxedetodo coas maletas indo de viaxe.

    Merendas con contos: Non máis guerras

    Cando:

    07/04/2026

    Inscricións:

    Dende o 31/03/2026 ata o 07/04/2026

    Require inscrición.

  • Móvil con un mapa

    Obradoiro de google maps

    Cando:

    Dende o 06/04/2026 ata o 07/04/2026

    Inscricións:

    Dende o 30/03/2026 ata o 13/04/2026

    Inscrición en liña

  • Os Ratos de Lonxedetodo lendo un conto a carón da lareira.

    Merendas con contos: Non máis guerras

    Cando:

    08/04/2026

    Inscricións:

    Dende o 01/04/2026 ata o 08/04/2026

    Require inscrición.

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión