Será o venres 5 de xuño ás 17.30 horas no Aquarium Finisterrae, con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente
Para público en xeral
05/06/2026
Xa rematou
Das 17.30 ás 18.30 horas
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
50
Prezo da entrada ao Aquarium Finisterrae que lle corresponda a cada persoa
O Aquarium Finisterrae organiza unha visita guiada temática polas súas instalacións para o 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente.
Co título «Sinais de alarma», esta actividade propoñerá un itinerario pola Sala Maremagnum onde se presentará e comentará un variado conxunto de procesos e transformacións ambientais que se están producindo no noso planeta, especialmente en relación coas contornas mariñas. Abordaranse cuestións como a acidificación das augas, a contaminación mariña, as especies invasoras, a sobrexplotación dos recursos naturais ou a ruptura dos equilibrios ambientais.
A actividade comezará ás 17.30 h do venres 5 de xuño e para participar hai que acudir ao Aquarium Finisterrae, aboar a entrada ao museo que lle corresponda a cada persoa e sumarse ao evento. A visita guiada está limitada a 50 prazas e terá unha hora de duración.

25/06/2026

26/06/2026

Dende o 25/06/2026 ata o 27/06/2026

Dende o 25/06/2026 ata o 27/06/2026

Dende o 09/05/2026 ata o 27/06/2026

Os días 01/03/2026, 19/04/2026, 27/06/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible