No día internacional do medio ambiente, a Asociación Veciñal Agra convida á proxección do documentario “A ameaza do cobre” e a un debate, para informar e reflexionar sobre o conflito da mina en Touro-O Pino.
Para público en xeral
05/06/2018
Xa rematou
20.30 h
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
de balde (até completar a capacidade)
"Queren encher a Galicia
de industrias contaminantes
e que o noso povo siga
a producir emigrantes."
Estrofa da Cantiga das Encrobas, de Manuel María
O elevado prezo do cobre no mercado anima a súa procura. As empresas Cobre S.Rafael e Atalaia Mining, que ten case o monopolio do negocio do cobre no Estado, pretenden reabrir a mina de cobre en Touro e O Pino; este proxecto non inclúe sequera un plan de restauración.
Sabemos que mina de Touro abandonada en 1986 aínda contamina os acuíferos, regatos e ríos que aflúen no Ulla e da Ría de Arousa. Quen se responsabiliza dos seus efectos na saúde, na economía?
Sabemos o que pasou hai vinte anos coas balsas de tóxicos en Aznalcóllar.
A promesa de postos de traballo para a nova explotación da mina (durante 13 anos) debe valorarse tendo en conta que as voaduras diarias con toneladas de explosivos, o uso de substancias nocivas, as balsas de lodos tóxicos etc. suporían a destrución das empresas da comarca (explotacións gandeiras, agrícolas,turísticas) que ocupan a tantas ou máis persoas, cun emprego máis diversificado e sostíbel a longo prazo.
Durante 55 minutos veremos o documentario dirixido e realizado por Xosé Bocixa (autor de "As Encrobas A ceo aberto", "Rosa de Corcoesto"...) e producido por Tingalaranga Audiovisual en colaboración con Nós Tv, en que ouviremos as voces científicas, da veciñanza, alcaldes e empresariado sobre o proxecto da mina en Touro e O Pino.
Logo faremos un debate xunto co director do documentario, membros da Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino NON, un representante de Nós Tv.

Dende o 18/12/2025 ata o 20/12/2025

Dende o 18/12/2025 ata o 20/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible