
Campamentos municipais do Concello da Coruña Verán 2026
Apertura do prazo de preinscricións os días 4, 5, 6 e 7 de maio.
Outras datas importanes:
As e os menores participantes deberán cumprir os requisitos específicos dos campamentos nos que se inscriban.
A preinscrición será telemática a través desta páxina.
Campamentos dispoñibles

Persoas destinatarias: nenos e nenas empadroados/as no Concello da Coruña nacidos/as entre o 01/01/2014 e o 31/12/2022
Datas: do 1 de xullo ata o último día laborable de setembro anterior ao comezo do curso escolar (5 quendas)
Máis información
Quendas:
Horario: de luns a venres en horario de mañá (nos días festivo non hai campamento).
Prezo: 26 euros para horario xeral e 32 euros para horario ampliado
Prazas: 2.250 prazas en total (a distribución por centro e quenda dependerá da demanda e capacidade de cada sede) e 56 prazas para necesidades educativas especiais (atendidas por 30 monitores/as; distribuiranse segundo a demanda en todas as sedes).
Sede: Centros Cívicos Municipais
Outra información de interese: é necesario un mínimo de 9 participantes para formar un grupo. En caso contrario, o Concello resérvase o dereito de anular o campamento nesa quenda ou centro.
Ao final de cada quenda realizarase unha excursión programada, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan. Mediante a inscrición no campamento autorízase expresamente a participación do/a menor na devandita excursión.
Ligazóns de interese

Persoas destinatarias: nenas e nenos empadroados/as no Concello da Coruña nacidos/as entre o 01/01/2014 e o 31/12/2022.
Datas: do 1 de xullo ao 31 de agosto, en 4 quendas
Máis información
Quendas:
Horario: de luns a venres, das 10.00 ás 18.00 h (nos días festivo non hai campamento).
Prezo: 85 euros (inclúe transporte e comida diaria).
Prazas: 416 prazas (16 para necesidades educativas especiais, 4 por quenda, atendidas por monitorado especializado)
Sede: Colexio Calasanz PP Escolapios da Coruña
Outra información de interese: non se ofrece servizo de madrugadores nin de tarde.
Ligazóns de interese

Persoas destinatarias: nenas e nenos empadroados/as no Concello da Coruña nacidos/as entre o 01/01/2010 e o 31/12/2028
Datas: do 5 de xullo ao 15 de agosto, en 4 quendas
Máis información
Quendas (as idades son orientativas):
Grupos: dous grupos de 8 a 11 anos e outros dous de 12 a 16 anos
Horario: todo o día, con aloxamento nocturno
Prazas: 180 prazas (repartidas entre as 4 quendas segundo a demanda e a capacidade da sede). 4 prazas para necesidades educativas especiais (para repartir entre as quendas segundo a demanda).
Sede: Estación de montaña de Manzaneda (Ourense). Instalacións con aloxamento e servizos de restauración.
Outra información de interese: é necesario que as persoas participantes saiban nadar.
Ligazóns de interese

Persoas destinatarias: nenas e nenos empadroados/as no Concello da Coruña nacidos entre o 01/01/2009 e o 31/12/2024
Datas: do 30 de xuño ao 24 de xullo, en 2 quendas
Máis información
Quendas:
Horario: de luns a venres, das 09.00 ás 14.00 h (nos días festivos non hai campamento)
Prezo: gratuíto (inclúe o transporte)
Prazas: 100 prazas, 50 por quenda
Sede: Polideportivo municipal de Labañou (a actividade combinará esta sede fixa con saídas a distintos espazos urbanos para realizar actividades ao aire libre).
Outra información de interese: habilitarase un autobús que realizará unha ruta de ida e volta con seis paradas establecidas pola organización.
Trátase dun campamento multideportivo con actividades no medio acuático, polo que é imprescindible saber nadar.
Tipoloxía de actividades:
Multideportivas e no medio acuático: inciación ao snorkel, kayac, pádel surf, tiro con arco, propostas de deporte alternativo como kimball, floorball e ultimate, xogos deportivos na praia, deportes de equipo etc.
Lúdico-recreativas: xogos de rastrexo e de pistas, orientación, geocatching, talleres creativos, xogos de cooperación etc.
Ambientais: sendeirismo polo contorno ambiental, rutas de coñecemento e recollida de algas, elaboración de xogos con material de reciclaxe etc.
Ligazóns de interese

Persoas destinatarias: alumnado nado entre o 01/01/2014 e o 31/12/2022, matriculado nun CEIP do Concello da Coruña, no curso 2025/2026.
Datas: do 22 de xuño ao 31 de xullo, en 3 quendas
Máis información
Quendas:
Horario: de luns a venres, en horario de mañá
Prezo: 40 euros (Campacole)
O alumnado beneficiario da bolsa comedor no curso 2025/2026 terá unha bonificación do 50% na cota do Campacole. Este desconto non se aplica aos servizos de madrugadores nin de comedor.
Seguro de accidentes: 5,00 € (exentos deste pago os participantes matriculados en calquera programa ofertado pola Federación das ANPA no curso 2025/2026 - "Cóxegas", "Deporte no centro", "Arte e cultura no centro" o "Idiomas no centro").
Prazas: 1080 prazas en total (360 prazas por quenda, 45 prazas en cada centro escolar por quenda).
Reservarase ata un 33% das prazas de cada quenda para o alumnado matriculado no centro sede.
Sede: : CEIP Juan Fernández Latorre; CEIP María Barbeito; CEIP Novo Mesoiro; CEIP Ramón de la Sagra; CEIP San Francisco Xabier; CEIP San Pedro de Visma; CEIP Torre de Hércules; CEIP Wenceslao Fernández Flórez.
Outra información de interese: os servizos de madrugadores e comedor só se poñerán en marcha cun mínimo de 10 participantes en cada un deles.
Non se ofrece servizo de transporte.
Ligazóns de interese

Persoas destinatarias: nenos e nenas empadroados/as no Concello da Coruña nacidos entre o 1/01/2014 e o 31/12/2022.
Datas: do 22 de xuño ao 28 de agosto, en 5 quendas.
Máis información
Quendas (9 grupos en cada centro por quenda):
Horario: de luns a venres, en horario de mañá.
A media mañá farase unha pequena pausa para merendar; cada participante deberá traer a súa propia merenda.
O último día de cada quenda o horario prolongarase aproximadamente ata as 17:00 h, debido a unha saída especial. Cada participante deberá traer a súa comida ese día (as saídas terán lugar os días 4, 18 e 31 de xullo e 14 e 28 de agosto).
Prezo:
Ordinaria de 10:00 a 14:00 h: 35 €
Con ampliación horaria:
Modalidade A (de 10:00 a 14:30 h): 38 euros
Modalidade B (de 9:00 a 14:00 h): 40 euros
Modalidade C (de 8:30 a 14:30 h): 45 euros
Prazas: 1350 prazas en total (134 prazas en sorteo ordinario e 1 praza en sorteo NEE, en cada un dos centros (Ágora e Forum) é por quenda.
Sedes: Fórum Metropolitano ou Centro Ágora (segundo o centro elixido en cada quenda).
Outra información de interese: non se ofrece servizo de transporte.
Reservarase unha praza por quenda e Centro para solicitantes con necesidades educativas especiais e nun grao que lles permita participar nas actividades co grupo. Neste caso deben inscribirse para o sorteo na cota NEE. Dispoñemos dun educador/a por quenda e Centro. Non se realizan tarefas de carácter hixiénico-sanitario.
Unha vez realizado o abono do campamento non se realizarán devolucións, salvo causa xustificada.
Ligazóns de interese

Persoas destinatarias: nenos e nenas empadroados/as no Concello da Coruña nacidos entre o 01/01/2016 e o 31/12/2022
Datas: do 1 de xullo ao 30 de xullo, en 2 quendas
Máis información
Quendas
Horario: de luns a venres, en horario de mañá
Prezo: gratuíto
Prazas: 100 prazas (50 prazas en cada quenda, organizadas en dous grupos de 25). 8 prazas para necesidades educativas especiais (4 en cada quenda)
Sedes: Centro Municipal de Emprego (Estrada dos Fortes, 16, Os Rosales, A Coruña)
Outra información de interese: as prazas ofertadas cubriranse preferentemente con menores de familias que necesiten conciliar a vida laboral e familiar. Terán preferencia os nenos e nenas empadroados no Concello de Coruña, cuxas persoas proxenitoras ou titoras traballen durante a quenda solicitada (poderase requirir documentación xustificativa desta circunstancia).
Para os efectos da participación na Escola de Verán OMIC, as prazas NEE destínanse a menores con necesidades educativas especiais escolarizados/as en centros educativos ordinarios a xornada completa, co obxectivo de favorecer a súa participación nun programa de lecer educativo grupal, baseado en actividades activas, desprazamentos e saídas programadas.
Terán preferencia na asignación de praza as persoas participantes empadroadas no Concello da Coruña que acrediten que durante a quincena solicitada a persoa ou persoas responsables do coidado do/a menor estean traballando.
Os/as participantes no campamento recibirán cada día, a media mañá, unha merenda infantil saudable. Os nenos e nenas que usen o horario ampliado de conciliación poden levar o seu xantar preparado da casa.
Ligazóns de interese

Persoas destinatarias: nenos e nenas empadroados/as no Concello da Coruña nacidos/as entre o 1/01/2014 e o 31/12/2020
Datas: do 1 de xullo ao 31 de agosto, en catro quendas
Máis información
Quendas:
Horario: de luns a venres, en horario de mañá
Prezo: 48,18 euros (quendas 1 e 4); 52,56 euros (quendas 2) e 43,80 euros (quenda 3)
Prazas: 640 prazas (160 por quenda).
Sede: Cidade Deportiva de Riazor e Polideportivo Municipal de Novo Mesoiro.
Outra información de interese: actividades deportivas, natureza e outras actividades dinamizadoras (roupa deportiva e bañador)
Non se ofrece servizo de transporte.
Ligazóns de interese
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible