25 de mayo de 2023
Os catro equipos participantes na competición foron recibidos en María Pita
O primeiro tenente de alcaldesa, Juan Ignacio Borrego, recibiu esta mañá en María Pita os equipos participantes na fase de ascenso a División de Honra Prata de balonmán, cuxo Grupo II ten como sede a cidade da Coruña e o pavillón municipal do Barrio das Flores.
O Concello, a través do Consorcio de Turismo, colaborou co club OAR para poder realizar estes encontros na cidade entre o 25 e o 27 de maio. O Concello amosa deste xeito o seu apoio ao deporte coruñés e a súa interlocución continua cos clubs. Juan Ignacio Borrego desexoulles sorte aos catro equipos participantes e tivo unhas palabras de lembranza cara a Pablo Aguirregabiria, adestrador do OAR Coruña que faleceu recentemente.
O grupo II desta fase disputarase no polideportivo municipal do Barrio das Flores, que por capacidade é o recinto municipal máis axeitado para acoller esta competición. Disputaranse seis partidos, enfrontaranse todos os equipos entre eles e ascenderá o que mellores resultados obteña.
Partidos e horarios
Xoves
Cajasur Córdoba - KH-7 BM Granollers (18.00 horas)
Attica 21 Hotels OAR Coruña - Balonmano Soria (20.30 horas)
Venres
KH-7 BM Granollers - Balonmano Soria (18.00 horas)
Attica 21 Hotels OAR Coruña - Cajasur Córdoba (20.30 horas)
Sábado
Balonmano Soria - Cajasur Córdoba (10.30 horas)
Attica 21 Hotels OAR Coruña - KH-7 BM Granollers (13.00 horas)
29 de mayo de 2023
23 de mayo de 2023
21 de mayo de 2023
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible