Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de maio de 2023

A Coruña acolle desde hoxe a fase de ascenso a División de Honra Prata de balonmán, coa presenza do OAR

Os catro equipos participantes na competición foron recibidos en María Pita

O primeiro tenente de alcaldesa, Juan Ignacio Borrego, recibiu esta mañá en María Pita os equipos participantes na fase de ascenso a División de Honra Prata de balonmán, cuxo Grupo II ten como sede a cidade da Coruña e o pavillón municipal do Barrio das Flores.

O Concello, a través do Consorcio de Turismo,  colaborou co club OAR para poder realizar estes encontros na cidade entre o 25 e o 27 de maio. O Concello amosa deste xeito o seu apoio ao deporte coruñés e a súa interlocución continua cos clubs. Juan Ignacio Borrego desexoulles sorte aos catro equipos participantes e tivo unhas palabras de lembranza cara a Pablo Aguirregabiria, adestrador do OAR Coruña que faleceu recentemente.

O grupo II desta fase disputarase no polideportivo municipal do Barrio das Flores, que por capacidade é o recinto municipal máis axeitado para acoller esta competición. Disputaranse seis partidos, enfrontaranse todos os equipos entre eles e ascenderá o que mellores resultados obteña.

Partidos e horarios

Xoves

Cajasur Córdoba - KH-7 BM Granollers (18.00 horas)

Attica 21 Hotels OAR Coruña - Balonmano Soria (20.30 horas)

Venres

KH-7 BM Granollers - Balonmano Soria (18.00 horas)

Attica 21 Hotels OAR Coruña - Cajasur Córdoba (20.30 horas)

Sábado

Balonmano Soria - Cajasur Córdoba (10.30 horas)

Attica 21 Hotels OAR Coruña - KH-7 BM Granollers (13.00 horas)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión