21 de octubre de 2025
A ministra de Vivenda e Axenda Urbana, Isabel Rodríguez, presidirá o V Foro Local que se levará a cabo este xoves no marco do encontro
O III Foro Urbano de España reunirá durante dous días a responsables municipais, representantes institucionais e expertos en políticas urbanas no Palacio de Exposicións e Congresos (Palexco)
A Coruña converterase mañá e pasado no epicentro do debate sobre o futuro das cidades e municipios de España coa celebración do III Foro Urbano de España, un encontro organizado polo Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana en colaboración co Concello da Coruña.
O encontro desenvolverase os días 22 e 23 de outubro no Palacio de Exposicións e Congresos (Palexco) e acollerá a relatoría de máis de medio cento de representantes públicos de entidades locais, deputacións, autonómicas ou estatais. A alcaldesa e vicepresidenta primeira da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Inés Rey, intervirá mañá mércores 22 de outubro, ás 10.00 horas, na inauguración oficial do foro.
Destacou a importancia de que a cidade acolla un encontro desta magnitude e afirmou que "A Coruña é hoxe un exemplo de cidade que aposta por un modelo urbano sostible, innovador e centrado nas persoas e ser sede do III Foro Urbano de España é un recoñecemento e un aval a ese compromiso e traballo no ámbito da planificación urbana".
A rexedora subliñou tamén que o foro permitirá situar á Coruña no mapa das cidades que lideran o debate sobre os novos modelos urbanos e o papel das administracións locais na loita contra o cambio climático, a desigualdade e os desafíos demográficos. "Queremos que este foro sirva para reforzar a cooperación entre cidades e para avanzar cara a un futuro urbano máis humano, máis próximo e máis sostible", engadiu Rey.
Mesa de debate: Axenda urbana e vivenda
A alcaldesa tamén participará na mesa de debate "Axenda Urbana e Vivenda", prevista para mañá ás 12.30 horas, para falar sobre as medidas de impulso á vivenda nas que traballa o Goberno local. Xunto coa alcaldesa intervirán Candelaria Testa, alcaldesa de Alcorcón; Begoña Carrasco, alcaldesa de Castelló; Enrique Collada, presidente da Mancomunidade do Alto Tajo; e Jordi Mas i Herrero, director xeral de Vivenda da Generalitat de Catalunya.
A alcaldesa participará tamén na mesa de debate "Axenda Urbana e Vivenda", prevista para mañá mércores ás 12.30 horas, na que se abordarán os principais retos en materia de acceso á vivenda. Neste espazo de diálogo, Inés Rey compartirá as liñas estratéxicas que está a impulsar o Concello da Coruña, centradas en aumentar e regular a oferta de vivenda, desenvolver polígonos residenciais e a cesión do solo para construcción de VPO.
Xunto con Inés Rey intervirán Candelaria Testa, alcaldesa de Alcorcón; Begoña Carrasco, alcaldesa de Castelló; Enrique Collada, presidente da Mancomunidade do Alto Tajo; e Jordi Mas i Herrero, director xeral de Vivenda da Generalitat de Catalunya. O debate permitirá compartir experiencias e boas prácticas de diferentes territorios no ámbito da vivenda e do desenvolvemento urbano sostible.
V Foro Local, coa participación da ministra de Vivenda e Axenda Urbana, Isabel Rodríguez
O foro contará tamén coa participación da ministra de Vivenda e Axenda Urbana, Isabel Rodríguez, que o xoves 23 de outubro presidirá o V Foro Local para a Axenda Urbana xunto coa presidenta da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), María José García Pelayo. Durante esta sesión, unha das citas centrais do encontro, analizaranse os avances na implementación da Axenda Urbana Española por parte dos concellos e as iniciativas que se están a desenvolver en diferentes municipios.
Toda a información sobre o III Foro Urbano de España, o programa completo de sesións, relatoras e relatores, así como os detalles sobre a participación de A Coruña, pode consultarse na páxina web oficial do evento: https://forourbanoespana.es/programa/
Outras intervencións municipais
Tamén o mércores, ás 11.00 horas, terá lugar a mesa de debate "Axenda Metropolitana" na que participará o primeiro tenente de alcaldesa e concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage. Nesta sesión analizaranse os desafíos das grandes áreas urbanas e as fórmulas de cooperación metropolitana para afrontar cuestións comúns como a mobilidade ou a vivenda.
Xa o xoves 23 de outubro, ás 11.00 horas, o director da Área de Innovación do Concello da Coruña, Emilio Álvarez-Miranda, participará na mesa "Axenda Urbana como Innovación". Álvarez-Miranda comentará as actuacións que o Concello desenvolve no marco da Axenda Urbana Local, con especial atención ás iniciativas vinculadas á dixitalización dos servizos públicos, á participación cidadá e á sustentabilidade enerxética.
Así mesmo, o xoves ás 11.30 horas, celebrarase o evento "URBACT A Coruña", un encontro de representantes de distintas autoridades urbanas centrado na nova Bauhaus Europea, nas accións innovadoras e no intercambio de experiencias arredor do programa URBACT que A Coruña está a desenvolver no barrio da Sagrada Familia, orientado á revitalización urbana, a mellora do espazo público e a cohesión social.

21 de noviembre de 2025

19 de noviembre de 2025

18 de noviembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible