Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

8 de marzo de 2025

A Coruña sae á rúa esixindo igualdade na manifestación do Día Internacional das Mulleres

Máis de 3.000 persoas participaron na mobilización pese á persistente chuvia

Máis de 3.000 persoas participaron este 8 de marzo na manifestación que conmemora o Día Internacional das Mulleres na Coruña. A alcaldesa, Inés Rey, acompañada polo equipo de Goberno, estivo presente na marcha e indicou: "Aínda queda moito por facer a prol da igualdade e é máis necesaria que nunca a mobilización de todas as persoas".

A manifestación partiu ás oito do Obelisco en dirección á praza de Tabacos. Pese á persistente chuvia, máis de 3.000 persoas completaron o percorrido con proclamas a favor da igualdade e contra a violencia machista. "Este 2025 desde o Concello estamos poñendo o foco na visibilización das mulleres como referentes en todos os ámbitos a través da nosa campaña 'Mulleres liderando o cambio'", indicou a alcaldesa.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión