17 de junio de 2026
Inés Rey: “Suárez proponse a tarefa de transportarnos a lugares que non sabiamos que existían. As obras convértense así en pequenos descobrementos. En parénteses onde reinan a paz e a harmonía do natural”
A alcaldesa, Inés Rey, presentou hoxe na sala de exposicións de María Pita "Decorado para unha fábula", unha mostra do artista Manuel Suárez composta por 14 pezas sobre lenzo ou táboa e que explora a liberdade creativa cun especial interese pola evocación do natural e o salvaxe como vehículo cara ao sentimento e a reflexión. A proposta foi organizada coa colaboración do Concello e estará dispoñible no espazo municipal ata o próximo 26 de xullo.
"Manuel Suárez é, sen dubida, un dos nomes propios desa escea vibrante que pon A Coruña no foco da creatividade. A súa man inconfundible vese, séntese neste cuarto no que Suárez proponse a tarefa de transportarnos a lugares que non sabiamos que existían. As obras convértense así en pequenos descobrementos. En parénteses onde reinan a paz e a harmonía do natural.", apuntou Inés Rey.
A exposición iníciase cunha serie de cadros en tons verdes, que propoñen un camiño para acceder ao universo do pintor. O muro central convértese na verdadeira porta de entrada á fábula -"unha fábula que non existe e que, probablemente, non ten outra ensinanza que esta verdade universal: se te dedicas á arte, debes ser completamente libre; doutro xeito, algo non funciona", indica Suárez, que tamén é o comisario da exposición-.
A través desta parede principal, accédese a uns xardíns cheos de calma: descanso, luz, calor, solpor estival, deixamento e gozo. Con esta mirada, Suárez propón unha viaxe particular e profunda cara a un "proceso creativo no que as fábulas se pechan con ensinanzas de libre elección ou mesmo con ausencia destas; co sentimento radical de contemplar algo que acende unha pequena chama nalgún lugar do noso interior", engadiu Rey, que ademáis recordou outras iniciativas de apoio ao tecido cultural da cidade, como a exposición de Estudios Abertos, que estará dispoñible en Palexco ata o próximo 12 de xullo.

10 de junio de 2026

9 de junio de 2026

5 de junio de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible