Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de xaneiro de 2023

A gala do circuíto Coruña Corre presentará o día 26 deste mes as novidades da próxima edición

A alcaldesa, Inés Rey, presidirá este acto, que terá lugar no centro Ágora. O circuíto de carreiras populares recuperou no 2022 as súas cifras previas á pandemia, con más de 12.000 persoas inscritas

O Concello da Coruña presentará o próximo xoves 26 de xaneiro a gala do circuíto de carreiras populares Coruña Corre, que servirá como peche da edición do 2022. Este circuíto recuperou o pasado ano as súas cifras previas á pandemia, con más de 12.000 persoas inscritas, o mellor dato das últimas sete edicións.

A gala, que se levará a cabo no centro Ágora, comezará ás 20.00 horas e estará presidida pola alcaldesa, Inés Rey. Conducirá o acto o animador habitual das carreiras, Xalo Maira. Entregaranse diferentes recoñecementos da edición do 2022 e anunciaranse algunhas das novidades introducidas para este 2023.

Durante o 2022 foron sete as probas do circuíto Coruña Corre: a carreira popular de Matogrande, a carreira popular Torre de Hércules #ImportaEMoito, a baixada Popular Cross San Pedro de Visma, a carreira popular Os Rosales, a carreira popular Volta a Oza, a carreira popular do Ventorrillo e a carreira popular Novo Mesoiro. Ademais, o Concello colaborou co Complexo Hospitalario Universitario da Coruña na organización dunha carreira para conmemorar o 50 aniversario do CHUAC, entre Eirís e o Parrote.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión