Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

22 de junio de 2026

A Orquestra Sinfónica de Galicia e o CSIC adiantan o evento astronómico do ano no espectáculo multimedia “Eclipse Total”

O concerto, no Palacio da Ópera, enmárcase dentro da programación do Concello de actos vinculados ao eclipse do 12 de agosto

O Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Orquestra Sinfónica de Galicia, adiantan o evento astronómico do ano co espectáculo multimedia "Eclipse Total", no que a divulgación científica e a excelencia musical soben ao escenario do Palacio da Ópera da Coruña o venres 26 de xuño (20.00 horas) para celebrar as próximas eclipses solares que percorrerán a xeografía nacional nos próximos tres anos -e cunha visibilidade privilexiada na cidade-, con especial atención á prevista para o próximo 12 de agosto. A iniciativa forma parte do amplo programa desplegado polo Concello para o eclipse, do que na Coruña poderase disfrutar de xeito provilexiado. 

"A Coruña será un lugar único para gozar dunha eclipse única. Este acontecemento é unha oportunidade para achegar a todo o mundo os segredos que esconden estes fenómenos fascinantes e, sobre todo, para facelo dun xeito ameno, divulgativo e que poña en valor a gran calidade artística da nosa Orquestra Sinfónica de Galicia", apuntou a alcaldesa Inés Rey.

A orixinal proposta audiovisual integra a interpretación de seis obras de gran carga dramática e descritiva: a introdución de "Also sprach Zarathustra", de Richard Strauss; "A la busca del más allá", de Joaquín Rodrigo; o cuarto movemento da Sinfonía 9 "Novosvestská", de Dvorák, "Clair de Lune" de Claude Debussy; "Solaris", de John Estacio, así como o inmortal "Boléro", de Maurice Ravel (co arranxo de Di Vittorio), todo iso baixo a dirección musical de José Trigueros.

A experiencia sonora enriquecerase coa proxección simultánea de producións visuais astronómicas en gran formato elaboradas pola organización KV 265, un colectivo especializado na comunicación da ciencia a través das manifestacións artísticas. Estas montaxes específicas inclúen espectaculares imaxes reais gravadas durante o verán de 2025 en Galicia, Asturias e Castilla e León polo artista visual e director executivo de KV 265, José Francisco Salgado, e por Juan Ramón Pardo Carrión, investigador do CSIC no Instituto de Física Fundamental (IFF) e un dos principais impulsores do proxecto. As entradas para o evento xa se poden adquirir a través das canles oficiais e plataformas en liña como Ataquilla.com.

Como antesala á gran cita musical e dentro do programa complementario de coloquios que o CSIC organiza durante o mes de xuño xunto coa OSG, os Museos Científicos Coruñeses e o Museo de Belas Artes, o mesmo venres ás 19.00 horas haberá un encontro previo no Palacio da Ópera. A cita contará coa participación dos artífices do espectáculo: o investigador Juan Ramón Pardo (IFF-CSIC), o artista visual José Francisco Salgado (KV 265) e o director musical do espectáculo, José Trigueros. Xunto a eles intervirán a poeta Estíbaliz Espinosa e María Balaguer, investigadora do Instituto de Astrofísica de Andalucía, ofrecendo unha perspectiva interdisciplinaria do fenómeno. Ademais, os asistentes terán a oportunidade de acceder a un punto de venda exclusivo da Editorial CSIC coas tres monografías especializadas publicadas con motivo desta efeméride: "Eclipses. El sol y sus eclipses en la ciencia, la historia y las artes", "Los eclipses de Sol" e "Eclipses. Cuando la luz desaparece".

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión