14 de febrero de 2026
O programa ‘Summon the Heroes’ interpretarase o vindeiro venres 27 de febreiro
A Orquestra Sinfónica de Galicia ofrecerá o vindeiro venres 27 de febreiro, ás 20.00 horas no Palacio da Ópera, un concerto especial no que interpretará as mellores composicións de John Williams. Baixo o nome 'Summon the Heroes', a OSG ofrecerá un programa dedicado ao compositor de bandas sonoras máis laureado.
O concerto contará coa narración do actor de doblaxe Salvador Vidal, e combinará música e cinema para percorrer o universo sonoro de Williams desde unha perspectiva cercana e narrativa. "A nosa alcaldesa, Inés Rey, encomendounos a diversificación da oferta musical da OSG, apostando por chegar a novos públicos con programas que exploren colaboracións estratéxicas e repertorios populares como o de John Williams", sinalou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.
Salvador Vidal é coñecido por poñer voz en español a intérpretes como Liam Neeson ou Ed Harris. Conducirá ao público a través dun guión de Jordi Cos, reivindicando a idea da música como gran heroe. O repertorio incluirá algunhas das bandas sonoras máis recoñecibles e emocionantes do compositor, con títulos como 'Summon the Heroes', 'Munich', 'Tiburón', 'El patriota', ' Harry Potter', 'Jurassic Park', '1941', 'La lista de Schindler', 'Encuentros en la tercera fase' e 'Star Wars'.
As entradas están á venda a partir de 14 euros a través de Ataquilla, no despacho de billetes da praza de Ourense e na billeteira do propio Palacio da Ópera.

14 de febrero de 2026

13 de febrero de 2026

12 de febrero de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible