Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

8 de marzo de 2026

A OSG conquista ao público de Musika-Música con dous concertos moi ovacionados en Bilbao

Grande resposta do público no Palacio Euskalduna

A Orquestra Sinfónica de Galicia pechou esta fin de semana a súa participación no Festival Musika-Música cunha grande resposta do público no Auditorio do Palacio Euskalduna, onde ofreceu dous concertos moi ovacionados baixo a dirección de Andrew Litton. A formación galega reuniu arredor dun 80% de ocupación no primeiro dos concertos e volveu situarse entre as orquestras con mellor resposta de venda nesta edición do festival, consolidando así a súa forte conexión coa audiencia bilbaína nunha das citas musicais máis destacadas do calendario estatal. "O éxito da OSG é froito dun gran traballo de fondo levado a cabo polo Goberno de Inés Rey, buscando que a nosa orquestra teña o recoñecemento global que merece", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.

No primeiro dos concertos, celebrado o sábado, a OSG interpretou a Sinfonía nº 9 en mi menor, op. 95 "Do Novo Mundo", de Antonín Dvořák, nunha lectura de gran forza expresiva e amplo alento sinfónico, que foi recibida con entusiasmo desde os primeiros compases e culminou entre longos aplausos. A segunda cita, este domingo, reuniu a obertura de Os mestres cantores, de Richard Wagner, e o Concerto para violonchelo en mi menor, op. 85, de Edward Elgar, coa participación do violonchelista Asier Polo como solista. A intensidade do programa, a compenetración entre orquestra e solista e a resposta da sala converteron o concerto nun dos momentos máis celebrados da fin de semana.

A presenza da OSG en Bilbao volveu deixar unha excelente impresión nun festival que reúne cada ano algunhas das principais orquestras e intérpretes do panorama musical. Habitual de Musika-Música, a formación galega reafirma así a súa proxección fóra de Galicia e a súa capacidade para conectar co público en grandes citas musicais, nunha edición na que volveu figurar entre as propostas con maior interese por parte da audiencia.

Con esta nova participación, a Orquestra Sinfónica de Galicia consolida unha relación xa asentada co festival bilbaíno e suma un novo éxito nun escenario no que é, ano tras ano, unha das formacións máis recoñecibles e agardadas.

"Queda claro que a OSG é un referente a nivel nacional, recoñecida alá donde toca. Moi pronto comprobaremos tamén, no Reino Unido, que trátase dunha formación de prestixio internacional", indicou a alcaldesa, Inés Rey, en referencia á próxima xira da sinfónica por territorio británico.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión