10 de abril de 2025
As persoas interesadas poderán apuntarse, tanto a esta proba como ao conxunto do circuíto, ata o vindeiro domingo 4 de maio
O Concello da Coruña abriu o prazo de inscrición da XVI Baixada Popular de Cross San Pedro de Visma, terceira proba do circuíto de carreiras populares Coruña Corre, que afronta neste 2025 a súa edición número 12. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse na páxina web www.corunacorre.com ata o domingo 4 de maio, data na que tamén remata o prazo para apuntarse no conxunto do circuíto. "O Goberno de Inés Rey mantén a súa aposta por un dos circuítos máis consolidados do calendario galego, con sete probas que enchen os barrios da cidade con milleiros de corredores e corredoras", sinala o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez.
A Baixada Popular de Cross San Pedro de Visma celebrarase o domingo 11 de maio a partir das 10.00 horas, cando se producirá a saída da carreira absoluta, que percorrerá un total de 6.490 metros. A partir das 11.15 horas disputaranse as carreiras de categorías inferiores, un total de seis. O inicio e a meta da proba estará situada na rúa San Pedro de Visma, no cruzamento coa rúa Aguillón, próxima ao centro cívico municipal.
A carreira discorrerá pola estrada de Bens ata o parque, onde terá lugar a meirande parte da proba, antes de regresar polo mesmo percorrido. Haberá un avituallamento sólido e líquido na meta.
As persoas participantes nesta Baixada Popular de Cross de San Pedro de Visma deberán retirar os seus dorsais no Cuatro Caminos Centro Comercial, o sábado 10 de 11.00 a 20.30 horas, e o domingo 11, ata unha hora antes do comezo das carreiras, no centro cívico de San Pedro de Visma. As persoas inscritas no circuíto Coruña Corre que xa teñan o seu dorsal non necesitan retirar un novo, xa que este é único para todas as probas, pero deberán confirmar a súa participación na proba ata a data límite de inscrición.
Haberá servizo de gardarroupa, de 9.30 a 11.15 horas, no centro cívico. Tamén haberá un servizo de duchas no polideportivo municipal de Labañou, de 10.30 a 13.00 horas. A entrega de premios terá lugar a partir das 11.00 horas no podio situado fronte á zona de meta.
Inscricións á proba e ao circuíto
Hai dúas posibilidades de inscrición. A primeira delas é a inscrición única ao circuíto, que dará dereito a participar nas cinco probas restantes e será a única maneira de puntuar para o circuíto e optar aos premios. Xerarase un dorsal único e as persoas participantes deberán confirmar a súa asistencia proba a proba. O prazo de inscrición ao circuíto rematará ás 23.59 horas do domingo 4 de maio, data na que tamén finaliza o prazo para a terceira proba do ano, a XVI Baixada Popular de Cross San Pedro de Visma. As persoas interesadas en participar só nesta proba poderán inscribirse de maneira independente.
As inscricións e toda a información sobre o circuíto e os seus servizos pode consultarse en www.corunacorre.com.
Datas do circuíto Coruña Corre 2025
XIII Carreira Popular Torre de Hércules: 15 de marzo

30 de noviembre de 2025

21 de noviembre de 2025

17 de noviembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible