20 de marzo de 2025
A proba, que forma parte do circuíto Coruña Corre, transcorrerá polos barrios e o campus universitario de Elviña
O circuíto de carreiras populares Coruña Corre, tras a celebración o pasado sábado da súa primeira proba, prepárase xa para a carreira de Matogrande - Xuxán. Será a segunda ocasión na que se dispute esta proba conxunta nos barrios, que xurdiu por iniciativa da alcaldesa, Inés Rey. "Desde o Concello buscamos que o maior número de barrios estean representados no circuíto e consideramos que é unha boa maneira de integrar a Xuxán, o de máis recente creación, nas actividades deportivas que promovemos", apunta Manuel Vázquez, concelleiro de Deportes.
A proba celebrarase o vindeiro domingo 6 de abril e o prazo de inscrición está aberto a través da páxina web www.corunacorre.com ata o domingo anterior, día 30 de marzo ás 23.59 horas. O trazado da carreira popular de Matogrande, cun percorrido total de 6.640 metros, terá o seu punto de inicio na rúa Sebastián Martínez Risco, na contorna do colexio Liceo La Paz. Este ano, de novo, a carreira transcorrerá, ademais de polo Campus Universitario de Elviña e o barrio de Matogrande, polo barrio de Xuxán, onde se percorrerán os últimos 2 quilómetros da proba.
Como é habitual, contará cunha proba absoluta e percorridos adaptados para categorías inferiores sub 18 e sub 16, sub 14, sub 12 e sub 10; e sub 8 ou peques. Á conclusión destas, levarase a cabo a entrega de medallas no palco habilitado nas instalacións do Liceo La Paz. A primeira proba terá lugar ás 10.00 horas, con entrega de premios ás 11.00 horas. A partir das 11.15 horas realizaranse o resto de probas con entrega de premios arredor das 13.00 horas.
Onde e cando recoller os dorsais
Os dorsais entregaranse nun espazo que se concretará ás persoas participantes a través do seu correo electrónico e na páxina web de Coruña Corre o sábado 5 de abril de 11.00 a 20.30 horas e o mesmo día da carreira (domingo 6 de abril), desde as 09.00 horas ata unha hora antes da saída de cada unha das probas.
O acceso ao colexio Liceo La Paz, para a recollida dos dorsais, habilitarase na rúa Sebastián Martínez Risco. As persoas inscritas no circuíto Coruña Corre que xa teñan o seu dorsal e camiseta non precisarán volver retirar un novo.
Datas do circuíto Coruña Corre 2025

30 de noviembre de 2025

21 de noviembre de 2025

17 de noviembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible