15 de abril de 2025
O Goberno de Inés Rey destina 120.000 euros a este programa municipal, ideado para contribuír economicamente ao desenvolvemento de adestramentos e competicións
O Concello da Coruña abriu este martes 15 de abril o prazo para solicitar as bolsas individuais destinadas ás e aos deportistas coruñeses, unha medida impulsada polo Goberno de Inés Rey co obxectivo de facilitar o desenvolvemento dos seus adestramentos e competicións, contribuíndo economicamente para sufragar gastos coma os desprazamentos, licenzas federativas e equipamentos.
A presente convocatoria establece que poderán ser beneficiarias as persoas de nacionalidade española que sexan deportistas federados, exclusivamente na modalidade de deporte individual, e que cumpran requisitos diversos. Entre eles, ter unha idade mínima de 10 anos e máxima de 40 anos cumpridos na data do último día do prazo de presentación da solicitude en cuestión.
A este respecto, cómpre lembrar que tamén será preciso que a persoa estea empadroada no termo municipal por un prazo mínimo de dous anos, consecutivos ou non, dentro dos cinco anos anteriores ao exercicio no que se realice a solicitude. Tamén se valorarán aspectos como o arraigamento persoal e profesional para coa cidade. É dicir, que o solicitante nacese na Coruña, vivir ou adestrar regularmente no termo municipal, ou estar matriculado nun centro oficial de estudos na cidade.
"Apostamos por apoiar e promocionar o deporte da nosa cidade. En primeiro lugar, para facilitar o desenvolvemento do talento deportivo coruñés desde idades temperás e, ademais, para abrir camiño á participación das e dos deportistas en competicións que tamén supoñan éxitos para a cidade", apuntou hoxe o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez.
Con esta finalidade, o Goberno de Inés Rey destinará un total de 120.000 euros para sufragar as bolsas para deportistas individuais. No procedemento de solicitudes terase en conta, por exemplo, a participación en competicións como Campionatos do Mundo, Campionatos de Europa, Campionatos de España e Campionatos Autonómicos. Desta forma, o importe global distribuirase, sempre que as solicitudes presentadas o permitan, con límites específicos para cada categoría.
Neste sentido, nos pregos da convocatoria estipúlase que o prazo de execución das actividades susceptibles de apoio económico a través deste programa municipal deberán desenvolverse no período comprendido entre o pasado 1 de xaneiro e o 31 de decembro deste ano.
As e os deportistas federados que cumpran os requisitos establecidos e estean interesados en solicitar as bolsas en cuestión xa poden presentar a súa solicitude desde hoxe, a través da sede electrónica do Concello nun prazo de 20 días naturais a contar desde este mércores 15 de abril.

24 de mayo de 2026

23 de mayo de 2026

22 de mayo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible