4 de febrero de 2025
As persoas e empresas interesadas poderán optar a 12 lotes de explotación do espazo, un por cada mes do ano
O Concello da Coruña vén de publicar nos ultimos días os pliegos para optar á xestión e explotación da planta superior do mercado municipal de San Agustín para a súa dinamización a través da organización de mercadillos, feiras, accións de ocio e todo tipo de eventos. "Desde o Goberno de Inés Rey seguimos a encher espazos emblemáticos da cidade con actividades para todos os públicos, dando a oportunidade ás entidades e emprendedores da cidade de promover eventos tal e como vimos facendo nos últimos anos", sinala Diana Cabanas, concelleira de Emprego, Comercio e Mercados.
A explotación da planta superior de San Agustín permite, ademais, dar a coñecer os produtos e distintos postos que tenen actividade neste mercado, tanto no interior como no exterior, onde grazas á acción do Goberno de Inés Rey a meirande parte dos espazos están ocupados e a pleno funcionamento. "Buscamos contar con eventos de caracter innovador, favorecendo as actividades comerciais e poñendo en valor o pequeno comercio", indicou Diana Cabanas.
A esta oferta de explotación, á que se pode optar mediante concorrencia competitiva, poderán presentarse proxectos de mercadillos gastronómicos, artísticos, culturais, artesanais, sostibles, de artículos vintage ou de segundamano, feiras de economía social e outro tipo de eventos. As persoas ou empresas interesadas poderán optar a 12 lotes, coincidindo con 12 fins de semana, preferentemente un ao mes. As entidades licitadoras poderán concurrir ata un máximo de seis dos 12 lotes. A duración da concesión será dun ano, puidendo ser prorrogada por dous anos máis.
As entidades interesadas teñen un prazo de 30 días hábiles, desde a publicación no BOP da convocatoria o pasado venres 31 de xaneiro, para presentar as súas ofertas. Os pliegos da licitación poden ser consultados na páxina web do Concello da Coruña.
O Concello vén fomentando todo tipo de eventos nesta planta superior do mercado municipal de San Agustín nos últimos anos, como por exemplo o Mercado das Nubes, Rebel Wine ou Bocatise, así como exposicións como a dos proxectos da Bienal de Arquitectura.
También te puede interesar
17 de enero de 2025
11 de diciembre de 2024
30 de noviembre de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible