25 de junio de 2026
O Concello celebra o décimo aniversario da apertura deste Centro Municipal de Empresa cunha xornada o xoves 2 de xullo
Desde hai máis dunha década, o Concello da Coruña, a través dos Centros Municipais de Empresas da Coruña consolidáronse como un motor real de impulso empresarial na cidade. Dous espazos, dúas traxectorias e un mesmo obxectivo: acompañar ás persoas emprendedoras desde a idea inicial ata a consolidación de proxectos sólidos e sostibles.
O Centro Municipal de Empresas de Agrela, en funcionamento desde 2010, é o mellor exemplo desta vocación de apoio. Ao longo da súa traxectoria acolleu a 48 empresas, das cales o 70% seguen hoxe en activo, un dato que reflicte a eficacia do acompañamento ofrecido e a calidade do ecosistema que se xera no centro.
Pola súa banda, o CME Accede Papagaio, activo desde 2016, deu cabida a preto de 70 iniciativas empresariais, converténdose nun espazo dinámico, flexible e adaptado a novas formas de traballo, onde o networking, a formación e a cooperación forman parte do día a día.
Ambos os centros non son só espazos físicos: son verdadeiras plataformas de impulso empresarial. Ambos os centros configúranse como estruturas públicas de acollida temporal que combinan espazos de traballo, formación, asesoramento e servizos comúns para mellorar as posibilidades de éxito das empresas e contribuír á creación de emprego e riqueza no municipio.
En 2025, grazas ao Goberno de Inés Rey, a evolución destes centros deu un paso máis coa modificación da ordenanza municipal que os regula, o cal supuxo un cambio estratéxico clave. Esta nova normativa simplificou o acceso, mellora os procesos e, sobre todo, amplía as oportunidades para as empresas aloxadas.
Un dos avances máis relevantes foi a ampliación dos tempos de permanencia, polo que os proxectos poden desenvolverse de forma máis completa, percorrendo distintas fases: desde a preincubación ata a consolidación.
Así, as empresas xa non se enfrontan a límites curtos de estancia, senón que dispoñen dun itinerario máis amplo para crecer favorecendo a súa maduración, estabilidade e capacidade de competir no mercado.
En definitiva, os centros CME Agrela e CME Accede Papagaio non só impulsaron empresas. Construíron un ecosistema emprendedor en constante evolución.
Máis dun centenar de proxectos impulsados e unha elevada taxa de supervivencia consolidan o seu impacto no tecido produtivo local
Deste xeito, os centros municipais de empresas posiciónanse como un elemento estratéxico das políticas públicas de promoción económica, ofrecendo unha contorna que impulsa o desenvolvemento empresarial, favorece a consolidación das empresas e contribúe activamente á xeración de actividade económica na Coruña.
Unha xornada para celebrar o décimo aniversario
O Concello organiza para o xoves 2 de xullo unha xornada para celebrar o décimo aniversario do CME Accede Papagaio. A xornada comezará ás 17.30 coas acreditacións. Ás 18.00 será a benvida institucional e ás 18.30 comezará a primeira das charlas, de Sergio de la Calle, baixo o título 'A habilidade máis infravalorada do liderado: o sentido do humor'. Ás 19.30 terá lugar o segundo dos actos, unha dinámica de networking entre as persoas asistentes, dirixida por María Nieto. A xornada pecharase ás 20.30 horas, co acto de peche e música en directo.
As persoas interesadas poden inscribirse nesta ligazón: Inscrición CME ACCEDE PAPAGAIO, dez anos impulsando empresas
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible