Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

22 de abril de 2026

Arrincan as obras de mellora dos sendeiros do ENIL da Torre de Hércules

Estas actuacións forman parte dun plan de intervencións ambicioso co que preservar e mellorar tanto o faro milenario como a súa contorna

Este mércores deron inicio as obras de acondicionamento dos sendeiros do Espazo Natural de Interese Local (ENIL) da Torre de Hércules. Unhas actuacións que  forman parte dun plan de intervencións ambicioso co que preservar e mellorar tanto o faro milenario como a súa contorna.

"Estas actuacións nos camiños que percorren a contorna dun símbolo do noso patrimonio como é a Torre de Hércules eran necesarias e con elas pretendemos non só mellorar a accesibilidade e seguridade da cidadanía e das persoas visitantes ao faro e arredores, senón tamén poñer en valor a flora e fauna que o conforman", destaca o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro. Tamén se levarán a cabo melloras nas condicións de iluminación da Torre para a redución de consumo e unha óptima eficiencia enerxética.

As obras de mellora que se están acometendo no ENIL están integradas nun paquete de intervencións impulsado conxuntamente polo Concello e a Xunta, cun investimento global de case un millón de euros e co financiamento de fondos Next Generation.

Este mércores tamén abre ao público, e de xeito provisional, a Torre de Hércules. As entradas poden mercarse no Centro de Información Ao Visitante (CIAV) e na propia páxina web da Torre, aínda que a venda irase abrindo de hora en hora.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión