12 de junio de 2026
O concelleiro de Educación, Innovación Tecnolóxica e Formación, Juan Ignacio Borrego, participou hoxe nesta actividade que estará ata as 20.00 horas nalgunhas das prazas e rúas máis concorridas do centro
O Concello participou hoxe na iniciativa "Tu ciudad se llena de pianos", unha actividade musical organizada pola Fundación Occident e o Concurso Internacional Maria Canals que consiste en despregar instrumentos e músicos polas zonas máis emblemáticas de diferentes cidades.
Así, A Coruña convértese na cuarta parada da xira deste ano. A cidadanía coruñesa poderá desfrutar durante toda a xornada de 8 pianos de cola situados en prazas concorridas da cidade como María Pita, praza de Lugo ou praza de Azcárraga, así como outras localizacións destacas como o Paseo Marítimo, Cantóns ou Xardíns de Méndez Núñez.
"Esta actividade dálle á cidade unha vitalidade e alegría asombrosas. A música pode cambiar o mundo. No Goberno de Inés Rey cremos nela como unha ferramenta fundamental na educación e na transmisión de valores. Proxectos como "Tu ciudad se llena de pianos" sempre serán benvidos á Coruña", apuntou o concelleiro de Educación, Innovación Tecnolóxica e Formación, Juan Ignacio Borrego.
Os pianos estarán ao dispor de toda a cidadanía ata as 20.00 horas. Músicos/as profesionais, estudantes de música, nenos/as, persoas afeccionadas ou calquera que de forma espontánea queira gozar tocando ou vendo tocar o piano nas rúas da cidade poderá desfrutar desta acción cultural e participativa.
Os 8 pianos atoparanse nas seguintes localizacións:
Praza de María Pita
Cantóns (Obelisco)
Praza de Lugo
Rúa San Andrés (praza Santa Catalina)
Avenida do Porto
Xardíns de Méndez Núñez (ao lado do quiosco)
Praza de Azcárraga
Paseo Marítimo (explanada do Playa Club)
Ignacio Gallardo-Bravo, director da Fundación Occident, destaca que "coa chegada de "Tu ciudad se llena de pianos" á Coruña queremos achegar a música -e, en especial, a práctica universal do piano- a toda a cidadanía. Invitamos aos coruñeses e ás coruñesas a que se acheguen a calquera destes oito pianos, a desfrutar da música e atreverse a tocar nalgúns dos lugares máis emblemáticos da cidade. É unha iniciativa viva, aberta a todo o mundo, e estamos convencidos/as de que A Coruña a recibirá con entusiasmo e gozará dunha xornada tan especial coma esta".
Pola súa banda, Jordi Vivancos, director do Concurso Maria Canals, indica: "Esta iniciativa permite descubrir o enorme talento musical que existe nas nosas cidades. Durante unhas horas, as rúas deixan de ser unicamente lugares de paso para converterse en escenarios de encontro, creatividade e emoción compartida".
Os mellores momentos da xornada poderanse compartir nas redes sociais coa etiqueta #PianosACoruña. Esta acción enmárcase nun proxecto de ámbito nacional que pretende promover a divulgación e a práctica universal da música a través da participación cidadá.

6 de junio de 2026

5 de junio de 2026

4 de junio de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible