Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

15 de abril de 2026

Catro faias acompañarán ao Obelisco, as primeiras árbores que se plantarán na contorna do monumento

A colocación de elementos vexetais é parte do proxecto de remodelación e humanización dos Cantóns, que onte sumou seis aciñeiras na contorna do Colón

O Concello comeza coa prantación de arboredo na zona xa remodelada dos Cantóns, cunoprindo así co obxectivo de levar espazos verdes e arboredo ás novas áreas. Hoxe quedaron nos seus alcorques seis aciñeiras nas proximidades do Teatro Colón. 

Nos vindeiros días o Concello prantará tamén catro faias xunto ao Obelisco, que suporán a chegada de arboredo por primeira vez á contorna do monumento. A ampliación de elementos naturais como parte da actuación nos Cantóns forma parte do proxecto da actuación, proxecto que recollía a renaturalización do espazo seguindo os criterios aplicados polo Goberno de Inés Rey en todas as obras públicas de urbanización. 

"Dixemos desde o primeiro momento que o proxecto dos novos Cantóns tiña que pasar necesariamente pola creación de máis espazos verdes. Aínda queda moito por facer pero xa comeza a verse ese proxecto co que queremos facer máis amable unha das zonas máis importantes e emblemáticas da cidade", valorou a alcaldesa, Inés Rey. 

Tamén como parte da obra dos Cantóns, o Concello ten previsto colocar unha xardineira cunha árbore fronte á Fundación Barrié e plantar catro carpes na rúa Santa Catalina. Ademais, en novembro completouse o traslado do Metrosideiro a súa nova localización, máis próxima ao Obelisco e a tan só a uns poucos metros da anterior. 

Os novos Xardíns

Tamén como parte do proxecto de remodelación dos Cantóns, o Concello comezou este luns os traballos na zona de Entrexardíns, que creará un novo corredor peonil verde xuntando as dúas metades dos xardíns de Méndez Núñez, mellorará a coherencia estética e respectará os espazos diferenciados do xardín romántico e do parque. 

Esta nova fase das obras ten como obxectivo repensar os xardíns recuperando a distribución histórica e achegándolles máis protagonismo aos elementos vexetais, sempre coa comodidade das peoas e dos peóns como eixe. A parada de autobuses de Entrexardíns xa foi trasladada á rúa Alcalde Manuel Casás. 

"Este goberno cre, e así o dixen sempre, nun modelo de cidade máis verde e máis agradable. Desde que chegamos a María Pita, plantamos case 5.000 árbores co noso Plan de arborado. Cando nos vemos obrigados a retirarmos algún exemplar por seguridade ou por cuestións biolóxicas, substituímolo por outro e mesmo, cando é posible, aumentamos a masa arbórea da contorna", subliñou Inés Rey.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión