Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

4 de septiembre de 2026

Comezan as obras de humanización da rúa Agra do Orzán, con melloras na pavimentación e nova vexetación

O proxecto reordenará a zona para mellorar a accesibilidade, os servizos e a seguridade viaria, con repavimentación, mellora da sinalización e colocación de novos elementos verdes e de mobiliario urbano

O Concello comezou esta semana a obras de humanización da rúa Agra do Orzán, cun investimento de máis de 250.000 euros. Esta obra encádrase no Plan de Barrios para a mellora dos servizos, a mobilidade e a accesibilidade nas rúas de todos os barrios da Coruña, unha estratexia do Goberno de Inés Rey que xa ten mobilizados máis de 83 millóns de euros en numerosas intervencións na cidade. 

"O que demostramos coas nosas actuacións de mellora viaria nos barrios da cidade é que somos un Goberno presente, que se preocupa por coñecer as necesidades da cidadanía e de facer un uso responsable dos recursos públicos para estar alí onde pode facer mellor a vida da xente", subliñou o concelleiro de Infraestruturas, Jesús Celemín. 

O obxectivo do proxecto é o acondicionamento global da contorna, potenciando o espazo do peón fronte ao do coche e xerando un itinerario peonil accesible que permita recuperar a rúa como espazo de relación entre as persoas. Así, mellorará a calidade urbana da contorna, coa dotación de novos pavimentos e novo mobiliario. O proxecto respectará as zonas de estacionamento a ambos lados da calzada.

A actuación proxectada mellora a conexión peonil desde a rolda de Nelle e desde a rolda de Outeiro cara a rúa Barcelona, unha zona de tráfico exclusivo peonil. Os novos itinerarios peonís deseñados daranlle cumprimento á normativa de accesibilidade, e suporán un espazo seguro que promove a mobilidade natural e activa fronte á motorizada.

A intervención inclúe a repavimentación tanto do carril de coches coma das zonas peonís, a execución de canalizacións municipais, a instalación de mobiliario e arboredo, nova sinalización para favorecer a ordenación do tránsito no ámbito e mellora da drenaxe. A rúa contará cunha plataforma de dous niveis separando claramente as zonas de tráfico rodado e aparcadoiros e as beirarrúas, que terán o ancho suficiente para garantir o cumprimento dos estándares de accesibilidade -1,80 metros en cada lado-. O proxecto daralle continuidade á tamén renovada rúa Meira. 

En canto á vexetación, ademais do mantemento do arboredo existente, procederase ao plantado de varios exemplares do tipo Ligustrum Lucium Excelsum Superbum, unha especie particularmente conveniente para as contornas urbanas. Tamén se colocarán elementos de mobiliario como novos bancos e bolardos flexibles. 

Un gran plan de humanizacións para a cidade

O Concello ten completados, en proceso numerosas intervencións de humanización e mellora en toda a cidade. Na última Xunta de Goberno Local deuse luz verde para o proxecto dun tramo da rúa Antonio Viñes, entre a rúa Asturias ata Oidor Gregorio Tovar, unha obra que inclúe tamén intervencións de humanización nas rúas próximas, como a propia Oidor Gregorio Tovar, que contará con plataforma única de prioridade peonil, ou a rúa Cronista Pacheco, que verá alongado o seu carril bici para darlle continuidade ao tramo de Mariscal Pardo e contará cunha nova rotonda para ordenar o tráfico de entrada e saída do párking subterráneo da praza Monforte. 

O proxecto de mellora da accesibilidade nos accesos peonís entre o Barrio das Flores e Elvina, coa colocación de tres novos elevadores que axudarán a salvar a elevación do itinerario que actualmente está resolto soamente mediante escaleiras. Este proxecto ten como eixe a rolda Camilo José Cela, e supón un investimento de máis de 870.000 euros. Ademais, tamén levarase a cabo a humanización da rúa Vicente Aleixandre, por máis de 500.000 euros e unha reordenación dos espazos para darlle protagonismo ao tránsito peonil. 

Xa en marcha, avanzan outros traballos como as humanizacións de Ángel Rebollo e a rúa Páramo, Atocha Alta ou outros proxectos relevantes para a mellora da seguridade viaria, como a nova rotonda da rúa Curros Enríquez.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión