18 de diciembre de 2025
A alcaldesa presidiu a tradicional recepción de Nadal en María Pita, na que anunciou que proporá que a nova estación intermodal leve o nome de María Casares
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu hoxe a tradicional recepción do Nadal en María Pita. Un acto que reúne cada ano no palacio municipal a todos e todas os representantes do tecido asociativo, cultural, empresarial, educativo e deportivo da cidade, cunha ampla representación tamén de todas as Administracións e poderes públicos. Máis de 450 persoas asistiron ao evento. No seu discurso, a rexedora fixo balance do traballo realiado desde o Concello no 2025, e apuntou tamén ás metas fixadas para o 2026.
Rey comezou o seu balance recordando a demolición dos muros do parque do Observatorio unha obra menor no económico, mais esencial no seu contido. Os muros do Observatorio serviron tamén de metáfora para outros muros que impiden avanzar á sociedade, apelando á unidade, á concordia e á procura de xustiza.
"Tirar abaixo esa parede semellaba imposible. Durante máis de 20 anos un Goberno tras outro asumiu ou compromiso de facelo, mais só o compromiso, pois a vontade batía cada ano coa firme tozudez dos proxectos imposibles. O muro do Observatorio semellaba impenetrable, como saben ben os veciños e veciñas que ano tras ano, sen descanso, reclamaban o seu dereito a unha vida mellor", recordou a alcaldesa.
Rey destacou especialmente no seu discurso a necesidade de garantir o dereito á vivenda, chamando ao resto de administracións a non quedar de brazos cruzados mentres miles de cidadáns non poden permitirse un fogar propio. "A vivenda supón xa un problema para milleiros de persoas nesta cidade. É, de feito, algo máis que un problema, porque o que está acontecer é que se está privando dun dereito constitucional á cidadanía", apuntou. Por iso defendeu a toma de medidas como a declaración da zona tensionada, pero alertando que con isto "non basta", e que será imposible saír desta situación sen a ampliación do parque de vivenda social, algo que require vontade por parte das institucións que si teñen os medios económicos para facelo.
"Si estamos aquí é precisamente para facer deste un mundo máis xusto. Todas as administracións, sobre todo aquelas que ostentan esas competencias, teñen que deixar a un lado o ruído para traballar en arreglar xa esta situación do único xeito posible: construindo vivenda social para solventar os problemas hoxe. De nada vale pedirlle a quenes están a padecer esta situación que agarden dez anos. A vida non agarda. Os dereitos, tampouco.", defendeu.
A loita pola igualdade, contra o machismo e todas as formas de acoso tamén centraron unha parte importante do discurso. "Iso é o que facemos as mulleres feministas e o que nunca deixaremos de facer. Política para transformar o mundo. Como fixemos hai 20 anos coa aprobación dá primeira Lei Orgánica de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero. Con valentía, decisión e contundencia. Pero sobre todo con consenso", apuntou. A violencia machista é un dos muros que aínda qudea por derrubar, outro é, indicou a alcaldesa, a deriva cara a unha sociedade crispada. "Por desgraza, avanzamos cara un mundo no que todo vale, no que o insulto e a ameaza, a falsidade buscada e o bulo son ferramentas de traballo normalizadas na vida pública. Mais négome a tomar por normal o feito amoral de que mentir non é delito, non podemos entender o insulto e os ataques persoais como parte do xogo político. Non podemos darlle validez ao vello principio de que o fin xustifica os medios e menos aínda cando o fin non é máis que unha meta persoal", dixo a alcaldesa.
Rey citou as importantes melloras levadas a cabo na cidade no 2025, desde a apertura de San Andrés ata a do novo mercado de Monte Alto, pasando pola renovación de rúas como Pla y Cancela ou Sagrada Familia. "Co noso Plan de Barrios non soamente prendemos a mecha do cambio real e tanxible, tamén percorremos a cidade de punta a punta. Falando cos veciños para escoitar as súas preocupacións e incorporar as súas propostas. Dende a Sagrada Familia e Os Mallos ata Oza, Eirís, As Xubias, Os Castros ou Palavea. En todos os barrios", indicou a alcaldesa. A Coruña, dixo Rey, é hoxe un referente indiscutible a nivel nacional en políticas culturais, en deportes e en servizos, e unha cidade atractiva e en crecemento que por primeira vez pasou dos 250.000 habitantes. "A Coruña é o faro que ilumina a Galicia do futuro", dixo.
Lonxe de caer na autocomplacencia o que toca agora, apuntou a alcaldesa, é mirar cara diante e afrontar cambios e novos retos. O ano 2026 será o ano da intermodal, unha nova estación que mudará a mobilidade na cidade, e na que o Concello inviste máis de 14 millóns de euros, ademáis dos fondos destinados á avenida da Sardiñeira e aos novos accesos. Inés Rey propuxo, aproveitando a renovación da infraesturtura, que a nova estación leve o nome de María Casares.
"A Coruña é unha cidade en movemento. E no 2026, será especialmente o ano da mobilidade peonil coa Rolda completamente rematada. Finalizando a humanización da Sagrada Familia e conectando así A Coruña dende o Parque de San Diego ate o Parque do Observatorio. Alí, sentados xunto aos árbores que se lle furtaron durante décadas aos veciños, será sen dúbida un bo momento para pensar en cales serán os muros que nos queden por derrubar", rematou a alcaldesa.
O discurso pódese ver a través da canle de Youtube do Concello neste link.

17 de diciembre de 2025

17 de diciembre de 2025

17 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible