Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

3 de septiembre de 2026

A alcaldesa defendeu a colaboración e integración entre Concellos no acto inaugural do novo itinerario peonil que conecta A Coruña, Oleiros, Cambre e Culleredo

Inés Rey: “O novo paseo litoral é unha mostra máis da vocación metropolitana que defendemos”

A alcaldesa defendeu a colaboración e integración entre Concellos no acto inaugural do novo itinerario peonil que conecta A Coruña, Oleiros, Cambre e Culleredo

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, participou hoxe na inauguración do novo paseo litoral que conecta, a través de itinerarios peonís e carrís bici, A Coruña, Oleiros, Cambre e Culleredo bordeando a ría do Burgo. No acto, ao que tamén asistiu o primeiro tenente de alcaldesa, José Manuel Lage, estivo acompañada polo delegado do Goberno, Pedro Blanco; o xefe de Demarcación de Costas, Carlos Gil; o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane; a alcaldesa de Cambre, Diana Piñeiro e o alcalde de Culleredo, José María Rioboo. 

Rey reivindicou a integración e coordinación de servizos entre todos os concellos da área metropolitana. "Este proxecto é unha mostra máis da necesaria vocación metropolitana que defendemos. É precisa a integración coa área, e este paseo demostra que as fronteiras administrativas municipais non existen para os cidadáns", apuntou. 

O proxecto xeral, financiado polo ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico e a secretaría de Estado de Medio Ambiente a través dos fondos Next Generation, supón unha inversión na área de 5,3 millóns de euros, dos cales 800.000 euros empregáronse no tramo do paseo da Coruña, localizado na zona da Conservera Celta. Para permitir a replanificación da contorna, o Concello despexou o asentamento ilegal que historicamente houbo nesa zona. 

"Esta actuación foi posible grazas tamén sen dúbida ao traballo social feito por este Concello para poñer fin ao asentamento da Conservera Celta, onde estará a parte coruñesa do paseo. Mais tamén todo isto foi grazas a un investimento estatal de máis de 45 millóns de euros para o dragado e recuperación da nosa ría", engadiu Inés Rey. 

A Coruña desfrutará dun novo tramo de case medio quilómetro de lonxitude que contará con itinerarios para peóns e bicicletas e terá continuidade a través dos concellos da ría do Burgo, ofrecendo unha nova zona de tránsito e mellorando a conexión nos municipios da área. "O novo espazo será cómodo para os viandantes de todos os concellos e para os ciclistas, con eses tres metros de ancho para cada unha das vías, apostando como non podía ser doutra forma por esa visión de mobilidade sostible que creo que une a todos os Concellos desta área metropolitana", subliñou Inés Rey.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión