18 de junio de 2025
O director e compositor colombiano inicia a súa etapa á fronte da xestión do Consorcio cun proxecto de desenvolvemento artístico, educativo e organizativo
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, acompañada polo concelleiro de Cultura, Gonzalo Castro, recibiu esta mañá no Palacio Municipal de María Pita a Juan Antonio Cuéllar, recentemente nomeado xerente do Consorcio para a Promoción da Música. A recepción institucional serviu como primeiro encontro co novo responsable da entidade que xestiona a Orquestra Sinfónica de Galicia e as súas agrupacións asociadas.
Cuéllar, que hoxe tomou posesión do cargo, foi seleccionado mediante un proceso público que valorou o seu perfil profesional e o proxecto presentado, que propón unha folla de ruta de catro anos centrada na proxección internacional da OSG, a colaboración educativa e a mellora da estrutura organizativa e financeira do Consorcio.
Ao longo da súa carreira ocupou cargos de responsabilidade en institucións musicais de referencia como a Orquesta Sinfónica Nacional de Colombia, compaxinando a actividade artística coa docencia universitaria e o deseño de programas formativos. Tamén impulsou proxectos de desenvolvemento orquestral e participou en producións musicais de ámbito internacional.
Esta mañá, Juan Antonio Cuéllar foi recibido no Palacio Municipal de María Pita pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e polo concelleiro de Cultura, Gonzalo Castro, nun encontro institucional que serviu como primeira toma de contacto tras a súa designación oficial. Hoxe mesmo o novo xerente celebrou tamén as primeiras reunións coa orquestra.

22 de junio de 2026

17 de junio de 2026

10 de junio de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible